ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

09/12/15

Ollos de auga

Comentario de Daniel Gavieiro Suco


Ollos de auga
Domingo Villar
Galaxia




Nada máis ver este libro o título chamoume moito a atención, pero cando lin a contraportada fíxome cambiar de idea, porque pensei que ía ser un deses libros normais nos que existen un policía, un ladrón e soamente as cousas típicas dos crimes, pero non. Este libro xa comeza contando dende o primeiro momento as cousas do crime, o que fai que te enganches a el e non o podias deixar de ler para descubrir máis cousas sobre el.
É un libro sinxelo e bastante fácil de ler grazas ao seu vocabulario. O que tamén influe moito a hora de entender e ler o libro é a descrición dos lugares dos que fala, como fai ao describir o corpo da vítima despois de ser asasinada tan brutalmente.
Mentres avanza a historia tamén che vai dando algunhas pistas de quen pode ser o asasino e encamíñate hacia un sospeitoso, que ao final da historia non resulta ser el. Xa no desenlace da historia o policía Leo consegue resolver o caso.
É unha historia con moitos personaxes, o que fixo en min unha lea, xa que mesturei  aos protagonistas. O personaxe que máis me gustou foi Rafael Estévez debido a súa maneira de ir directo as cousas e a súa forma de actuar.
Non foi unha das primeiras novelas policíacas que lin, pero sen dúbida recoméndoa porque considero que vai ser un deses libros ao que a xente se vai enganchar e lle vai acabar gustando moito.

1 comentario:

Miguel Oro Vence dixo...

A novela negra apaixonoume dende sempre por si soa, pero Domingo Villar conseguiu con este libro que me guste aínda máis dito xénero, logrou enredarme ca súa obra, enfrascarme no papel do protagonista ata case vivir a historia en primeira persoa como se un formase mesmo parte do conto e facer que pase horas lendo sen decatarme de que o tempo pasa, ao ser unha novela na que a lectura e diversión son sinónimos.
Está protagonizada polo inspector Caldas e combina suspense, personaxes orixinais, ambiente urbano características precisas que require o xénero negro. É sen dubida un libro fantástico que recomendaría ler a calquera.