ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

06/12/15

Agosto do 36


Comentario de Francisco Rodríguez


 
Agosto do 36
Xosé Fernández Ferreiro
Xerais



Este foi o primeriro libro que lin de Xosé Fernández Ferreiro, e a verdade é que me pareceu un libro agradable de ler. 
O feito de ser o primeiro libro que leo deste tema da Guerra civil, que por outra parte sempre foi un tema que me gustou bastante, xunto co feito de oír tantas boas palabras sobre este libro agromou unhas grandes gañas de lelo canto antes. 
A principal característica que destacaría é a gran capacidade que ten para integrarte na súa historia grazas, principalmente, ás descripcións tan detalladas que ofrece e que axudan ademais a axilizar a súa lectura. Tamén teño que dicir que este foi un libro que espertou distintos sentimentos que calquera outro libro debido a que me axudou a comprender as precarias situacións que se vivían durante a Guerra Civil. 
Neste libro admiro as mentalidades de xente coma Sara, que pese a saber o castigo que pode ter non se amedrenta e loita polos seus intereses, o que me pareceu admirable e que se podería extrapolar a moitos casos que se dan na actualidade como é o caso da escravitude que ocorre con moita frecuencia coas persoas de raza extranxeira. A trama tamén trasmitiume un sentimento de impotencia xa que, deixando a un lado os casos de persoas coma Sara ou coma Gregorio, a poboación limitábase a aceptar a opresión, principalmente debido ó gran medo que exercían o castigos que se lle impoñían a estas persoas "valentes". O único malo que lle adxudico a este libro é que non deixa opción a imaxinar o final xa que xa cho conta ó principio, e que estaría mellor ó final para deixar voar libre a imaxinación sobre o desenlace da trama.
En definitiva, un libro que volvería ler polos grandes sentimentos que me trasmitiu, pola súa facilidade de lectura e pola gran cantidade de información que me aportou sobre a vida do pasado.

Sen comentarios