ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

05/12/15

Dos días escuros

Comentario de Noelia Blanco Pájaro


Dos días escuros
María Carmen Caramés
Xerais



Este libro está cheo de poemas descritivos da situación da muller fronte á violencia de xénero e as fases que sofre esta, no cal Mª Carmen fixo que pórse na pel destas mulleres fose moi doado.
En xeral fálanos das víctimas da violencia de xénero e o seu día a día nesa repleta escuridade.
O poema que máis me gustou é no que nos presenta a realidade comparándoa co oficio dos oleiros. Fala nel sobre esa ductilidade, esa forza que exercemos sobre o óleo e o transformamos, e que os homes tratan de facer o mesmo coa muller. Fálanos tamén dunha cunca, que contén os desexos de todo o que quixo ser pero non deu.
Outro poema que me gusta é o que fala sobre o primeiro golpe e di que é o que máis marca, pero que a cousa non queda aí, que detrás dun veñen máis.
Despois de todo, de reflexionar e pensar sobre este tema, aínda non son capaz de entender como pode existir xente dese tipo, xente que o pase ben pegándolle a unha muller e que sexa feliz véndoa sufrir. Con todo, cheguei á conclusión de que non é posible sentirse superior facendo iso, que é unha enfermidade. E nós como persoas debemos intentar poñerlle freno a estas situacións, así sexan directas ou non, porque hoxe non nos afectan, pero mañá podemos ser unha das tantas víctimas.

Sen comentarios