ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

03/12/15

Bícame, Frank

Comentario de Francisco Rodríguez


Bícame, Frank
Miguel Anxo Fernández
Galaxia 




Este foi o primeiro libro que lin de Miguel Anxo Fernández polo que se xunta ó grupo de escritores aos que estou agradecido por realizar este tipo de obras. Este libro xa partía con algo de ventaxa, debido a que foi un libro pedido por min pero que á súa vez tiña a gran responsabilidade de cumprir as miñas expectativas.
É certo que tanto o número de páxinas coma o título botoume un pouco cara a atrás, pero deille un voto de confianza e boteime a ler e enseguida me metín na historia de Frank e "Sugar", xa que está chea de acción dende a primeira liña, que era o que precisamente buscaba neste libro e o que tamén contrasta co título tan amoroso, que foi unha cousa que me confundeu ó principio.
Pero non só foi a cantidade de acción o que me gustou senón tamén a calidade, xa que pareceume moi interesante primeiro o tema que foi o do intercambio do obxecto baixo o que se sustenta a historia, entre o portugués Nascimento e Sugar e que Frank investiga e chega a intercepatalo e facerlles chantaxe para conseguir que fixeran o que a el lle conviña.
Tamén pareceume interesante a mestura que fai do tema principal, que xira en torno ao papiro e á súa viaxe-tour por toda Galicia e tamén que as intercala perfectamente facendo que que sexan complementarias. A implicación dun escritor da talla de Ramón Cabanillas, facendo unha gran referencia a unha das suas obras cume como é "Vento Mareiro" pareceume un detalle a destacar.
A medida que ía avanzando a historia a acción volvíase máis acentuada coa implicación ata da Mafia Rusa que queiras que non sempre anima a historia, xa que moitas veces a mafia pode ser sinónimo de acción, pelexa,..., que sempre fai máis entretido un libro.
Tamén a medida que avanzaba aumentaba o número de personaxes o que foi unha cousa que non me acabou de convencer pois creo que hai algúns como Franeras ou Mardamas que, quitando o feito de axudar a Frank no asalto da casa de Lavandeira, non tiveron unha gran repercusión na trama. En cambio outros coma Melia parecéronme moi emotivos e emocionantes, e principalmente encantoume a parte da súa morte na que lle conta a Frank que sabía todo sobre o contido do papiro e dille ó final "kiss-me Frank" que é o mesmo pero en inglés que o que lle di a súa secretaria Pat, que levaba namorada do seu xefe Frank, cando se encontran debaixo da lúa "Bícame Frank", que é a frase que lle dá nome a este libro, esta foi unha parte que pareceume moi bonita pois despois de todo o vivido, aínda hai momentos para o amor. 
En definitiva, un libro que cumpriu as miñas espectativas e que case non lle poño ningún pero polo que volveríao ler sen problema.

Sen comentarios