ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

22/06/16

Conduce rápido



Comentario de Raquel García


Conduce rápido
Diego Ameixeiras
Xerais
 
 
'Conduce rápido' de Diego Ameixeiras non é o primeiro libro que leo del,con anterioridade xa lera 'Dime algo sucio'.Neste libro volvo admirar a capacidade de Diego Ameixeiras para enlear as vidas duns personaxes,pero esta vez todos con algo común.
Todos os personaxes se dedican ao mundo sucio,á vida detrás do legal.O título do libro é moi acertado,ao principio non o entendía xa que cando comecei a ler o libro non lle vía relación,pero logo decateime que na vida do calote todo sucede rápido,non pode haber imprevistos porque unha vez que estás metido na lea por un mínimo erro vas para o cemiterio,e iso con sorte senón quedas tirado nunha cuneta.
Ao ler o libro cría que todas as persoas que se meten no xogo sucio é por vontade propia,pero logo tras ler o que lle conta Érika a Ventura púxenme a reflexionar.Igual non toda a xente quere meterse niso,igual toda a xente non se mete niso por cobiza senón porque se ve obrigado indirectamente.Eva cóntalle a Ventura que de pequena lle morreu o pai e logo a súa nai foise con outro e logo olvidouse dela e do seu irmá Samuel.
O que máis me gustou deste libro é o dinamismo,refírome a que nunca sabía o que ía pasar na liña seguinte xa que nese mundo todos os acontecementos viraban moi rápidos e impredecibles.
Recomendaría este libro para pasar un rato entretido,ademáis é moi doado de ler xa que se divide en pequenos 'capítulos' co que é máis fácil.Engado tamén que Diego Ameixeiras é un autor que me gusta moito tanto pola trama dos seus libros como pola técnica coa que escribe.
 

21/06/16

Morning Star


Comentario de Daniel Gavieiro Suco


Morning Star
Xosé Miranda
Xerais








O principio deste libro resultoume un pouco aburrido pero a medida que vas lendo o libro este convértese nunha historia repleta de accións, crimes, sangue, amor e odio, coitelos, persecucións, paixóns e esperanzas.
O protagonista é un rapaz como calquera de nós, pero debido á época na que vive tense que defender dunhas certas circunstancias que lle cambian a vida por completo e ten que traballar xunto cos seus pais porque nos sabía ler. Unha desas certas circunstancias foi a morte da súa nai, que debido a ela foi cometendo algunhas accións que o foron levando cara o fracaso e en ocasións a situacións arriscadas e perigosas, pero aínda así el afróntaas de forma valente.
A acción deste libro transcorre en lugares de Galiza, sobre todo en Pontevedra, e descríbeos dunha forma que parece que nos traslada a ese lugar.
Ao longo deste libro mantense a intriga que fai que o lector o queira seguir lendo, pero o final pensei que ía ser doutra forma, e dicir, que non fora un final tan claro. A medida que vas lendo o libro dáste conta de que algunhas historias que se contan e tamén algúns personaxes non eran reais. Este libro fíxome ver que en épocas pasadas moitas familias pasaban fame e para poder vivir roubaban e convertíanse en delincuentes e bandoleiros para poder saír desa pobreza a que estaban sometidos.
Foi un libro que me resultou moi doado de ler, grazas ao seu léxico sinxelo e tamén foi un libro que me gustou moito e que volvería a ler tantas veces como puidera.

20/06/16

De remate

Comentario de Raquel García


 De remate
Héctor Cajaraville
Xerais




'De remate' de Héctor Cajaraville é un libro que me gustou moito,ademáis de que é un lubro diferente (tanto polos temas que toca como pola forma física de contalos) tamén é un dos poucos libros que conseguiu conmoverme.
O primeiro que me chamou a atención ao comezar a ler este libro, é, como xa fixen alusión antes, a súa forma física.Este libro trata temas que escribe Bieito Sanmarful nun periódico chamado Loeira. Bieito escribe semanalmente artigos nunha columna do periódico citado antes. Neste libro eses artigos van sendo presentado por datas,empeza no 2012 e termina no 2015,anque ademáis do artigo Bieito incorpora anotacións que el fai ou mesmo correos electróncios que recibe.
O que máis me gustou foi que son artigos sobre temas cotidianos para min e Bieito sempre os trata con tanta sinceridade e humor que mesmo chegan a facerme graza,como por exemplo:"Costa da morte blues",nese relato Bieito conta que tenta amosarlle aos seus amigos a beleza deste lugar pero ten tantas adversidades que ao final termina frustrado.O meu preferido é 'En las orillas del Sar' xa que é un relato case cómico pero a min faiseme familiar xa que teño oído contar historias parecidas na miña casa.
Admiro ao personaxe Bieito Sanmarful xa que mediante as anotacións que fai nos seus propios artigos el vai contando pouco a pouco a súa vida,ata o final,con sinceridade e humor.Por iso me conmoveu,polo humor con que levaba todo sabendo ou imaxinando que por moito optimismo que lle botase as súas liñas xa estaban trazadas.Tamén me fixo sentir algo de pena xa que xusto cando él non pode lelas os que foron os seus 'amores' confésanlle que lles importa pero claro,el non vai chegar a sabelo.
En conclusión este foi un libro que me gustou moito,ademáis mediante os artigos escritos por Bieito tócanse temas de toda a clase,dende unha pantasma en San Simón ata a morte dun home polos lindes dunha parcela e todos eles con certo punto humorístico.

19/06/16

Todo OK

Comentario de Daniel Gavieiro Suco



Todo OK
Diego Ameixeiras
Xerais
 
 
 
Como vin que moitos dos meus compañeiros lían este libro e quedaban abraiados, eu decidín lelo tamén. Todo OK é unha novela negra que trata o tema do narcotráfico ao que está sometido a nosa protagonista, Inés Landeira, e que por culpa diso está condenada a entrada no cárcere. Para evitar o cárcere intenta refacer a súa vida.
Este libro gustoume porque ten as cousas que eu necesitaba: moita acción, un tema que atrae a xente, humor que nunca está de máis nunha novela...
Inés Landeira é a protagonista desta novela, e arredor dela xiran todos os personaxes, as accións e como non todo o libro. A medida que vas lendo o libro dáste conta que os personaxes teñen unhas relacións entre si e que van formando como se fora unha especie de cadea, cada pouco o autor vai engadindo outro personaxe o que fai que o lector reflexione e exercite a súa imaxinación para pensar sobre a relación que pode ter o novo personaxes cos anteriores.
Este libro destaca polo seu expresivo detallismo tanto dos personaxes como dos lugares que describe, e con este detallismo o autor consegue que o lector se vexa el mesmo no lugar no que transcorre a acción e ao mesmo tempo consegue que este se enganche a novela e que a queira seguir lendo. Este expresivo detallismo non é a primeira vez que o vexo nun libro deste autor, senón que xa o vira noutros libros que lera del, e non me parece nada fácil describir os lugares e os personaxes dunha maneira tan detallada.
O que si que me resultou un pouco aburrido deste libro foi o continuo dialogo que permanece nesta novela e que é a única escusa de que este libro non sexa perfecto. Polo resto foi un libro que me encantou e que llo recomendaría a todas as persoas as que lle guste a novela negra, porque sei que lles vai encantar.
 

18/06/16

Orlando. Unha biografía

Comentario de David González Sampayo


 Orlando
Virginia Wolf
Irmás Cartoné



Este libro lino grazas á recomendación de Carla González Silva, que me dixo que este libro era moi interesante e debía lelo, xa que inculca moitos valores e transmíteche moitas emocións. Neste libro mestúranse elementos fantásticos con outros reais, pero estes son contados cunha gran normalidade, o que fai que sexan máis verosímiles. Creo que é unha das primeiras veces que leo unha biografía, como ben di o título. Ademais é unha biografía moi orixinal e pouco común, xa que estamos acostumados a ler biografías nas que se plasma a vida dunha persoa e as cousas que fixo, en cambio nesta, a súa autora, Virginia Woolf, entrelaza dun xeito marabilloso e formidable, feitos reais e fantásticos. Con esta técnica a escritora consegue que o lector estea enganchado todo o tempo a obra sen perder detalle, e que nel aumenten, co paso do tempo, as ganas de ler e a intriga de saber o que acontecerá co paso das follas. É un libro sinxelo de ler e entender, xa que non abunda a ironía ao longo da historia. Como ben dixen neste parágrafo, en xeral, o libro encantoume.

Esta novela é a biografía dun home chamado Orlando, o cal ten unha gran relación de amizade coa raíña Isabel I e provén dunha familia noble con moitos cartos. Cando Isabel I morre, Orlando coñece a Sasha e durante uns días mantéñense en contacto. Un día estes dous acordan citarse nun lugar para fuxir os dous xuntos, pero Sasha non aparece e Orlando séntese moi decepcionado. Tras este suceso marcha para unha casa que ten no campo e invita a un escritor inglés moi famoso, Nick Greene, para que pase alí uns días con el. Tras pasar varias noites en vela, Greene decide marchar pero escribe un poema inspirado na casa de campo de Orlando. Pasados uns días unha muller chamada Harriet achégase con moita frecuencia á casa de Orlando, xa que lle gusta. Para fuxir, pídelle ao monarca que o traslade a Constantinopla, pero debido a unhas revoltas regresa pronto a Inglaterra. Cando Orlando chega a Gran Bretaña, descubre que Harriet é un home que se disfrazou de muller para conquistalo. Orlando sufre un cambio de sexo e un día que camiñaba polo campo tropezou e foi asistido por un mariñeiro. Orlando chega a Londres onde publica un libro que co paso do tempo acadará unha gran fama e será moi coñecido.

Unha das cousas que máis me sorprendeu da historia foi o momento en que a autora conta que Orlando ao chegar á súa casa de campo durme sete días seguidos. O mellor de todo isto é que a historia absorbe ao lector dunha forma que fai que este non se decate destes feitos, ademais da verosimilitude coa que estes son narrados. Ademais, desta obra despréndese que a homosexualidade era unha cousa bastante penalizada e castigada naquela época, xa que Harriet é un home que está namorado de Orlando, e tense que disfrazar de muller para ocultar que é homosexual.

17/06/16

Unha puta percorre Europa

Comentario de Xosé Manuel Fernández


Unha puta percorre Europa
Alberto Lema
Galaxia
 
 
"Unha puta percorre Europa" a obra escrita por Alberto Lema é unha peza na que se trata a defensa do feminismo e na que predomina a violencia pola loita deste.
Moita xente dicíame: "Proba con este!", e eu respóndolles: "GRACIAS". Xa mo estaban a recomendar moitos compañeiros e tras acabar de lelo entendín o porqué da súa insistencia. Collín o libro, fixeime no título tan chamativo, abrino e as páxinas comezaron a pasarse solas.
Unha obra sinxela, entretida e moi rápida de ler na que se tratan situacións ilegais, de intriga e de violencia mesturadas ca prostitución. Nesta peza preséntansenos dúas rapazas de Santiago, Ada e Luz, feministas, e que deciden pasarse por putas. Para que? Moi sinxelo, acabar cos homes que recurren a prostitución, quedando con eles e rematándoos a base de disparos. Para elas isto non era nada, polo que deciden crear unha páxina web, en galego, na que mostrarían o seu manifesto. En cuestión de tempo esta páxina pasa a ser unha das máis traducidas do galego a outros idiomas, espállase polo mundo e outras mulleres comezan a facer as mesmas accións que estaban a realizar as "Putas Asasinas". Unha revelación que cobra importancia a nivel mundial e que parece que non pode ser detida. A obra comeza a ser envolta polos medios de comunicación; que continuan a espallar a noticia, os políticos e as forzas de seguridade; que loitan por deter este manifesto, e a sociedade; que comeza a reaccionar á revelación provocada polas dúas rapazas. Ata que un dos varios asasinatos da parella ten serias repercusións no seu movemento e as mulleres que parecían imparables son freadas, unha morta e outra detida.
Sen dúbida foi un dos mellores libros que lin durante o curso, por non dicir o mellor. Unha obra que custa moi pouco ler e na que se trata un tema tan importante como é a loita contra o machismo e a súa vez a defensa do feminismo. Encantoume a forma na que o autor empregou un traballo tan criticado como é a prostitución para tratar temas tan importantes e que moitas veces se nos presentan na realidade. Sorprendeume moito o final, xa que non esperaba que as "Putas Asasinas" acabaran co seu manifesto desa forma. A súa vez gustoume a forma na que o autor rematou o libro, un último capítulo no que se nos mostra como tiñan pensado Ada e Luz que acabaría a cousa. Non teño moito que criticar desta historia, ao mellor podía ser un pouco máis extensa, xa que me quedei cas ganas, pero a pesares diso segue a ser magnífica. Sen dúbida unha peza que recomendo a todo o público e da que estou seguro que non vos defraudará.
 

16/06/16

Agosto do 36



Comentario de Xosé Manuel Fernández


 
Agosto do 36
Xosé Fernández Ferreiro
Xerais
 
 
 
"Agosto do 36" a obra escrita por Xosé Fernández Ferreiro é unha obra baseada na Guerra Civil en Galicia.
Pasei de ler o libro "Un animal chamado néboa" de Ledicia Costas (inspirado na 2ª Guerra Mundial) a ler "Agosto do 36" , que neste caso nos fala da Guerra Civil. Tras ler o libro de Ledicia quedei con ganas de máis, e por esa razón decidín escoller esta peza.
A historia sitúase en Galicia, concretamente en Ourense. Os protagonistas principais son Sara e Gregorio, un matrimonio de mestres que se coñecían dende a infancia e que son perseguidos polos tan populares "falanxistas" que prometen limpar España matando a todos os comunistas. A historia céntrase nesta parella e nun dos falanxistas (Manuel o Garabís) que tirando máis da vinganza (Cando eran máis novos el e Gregorio pelexaran por Sara) que de exercer a súa "profesión" obsesiónase con eles e non se deterá ata cumprir o seu obxectivo.
A historia en si paréceme moi interesante, pero se por algo destaca esta obra e pola tremenda capacidade que ten para introducirte na historia, ademais de que está envolta polo medo, o terror e a violencia. O autor ten unha gran capacidade para describir con precisión todo o que ocorre, o que fai que te enganches bastante a esta lectura. Tamén che mostra todas as desgracias que ocorreron durante esta época, na que a poboación por temor a ser castigada ou asasinada aceptaba con plenitude a dictadura instaurada, algo que me causou certa lástima xa que non podían loitar polos seus ideais. Aínda que unha cousa que non me gustou deste libro foi o final, eu son unha persoa á que lle gustan os finais inesperados, ou polo menos felices, sen embargo nesta historia xa se nos conta no inicio como ía acabar, e precisamente non é que acabara moi ben. A pesares diso non quita que a historia sexa admirable e cause certo respeto por aquela época. Sen dúbida unha peza que recomendo a aquelas persoas as que lle interese saber un pouco máis da Guerra Civil aquí en Galicia xa que tivo un forte impacto para a cultura galega.
 

15/06/16

Un animal chamado néboa

Comentario de Xosé Manuel Fernández


Un animal chamado néboa
Ledicia Costas
Xerais
  


"Un animal chamado néboa" a obra escrita por Ledicia Costas en un libro baseado en numerosos acontecementos que ocorreron durante o conflicto bélico, a 2ª Guerra Mundial.
Ninguén me falou deste libro, necesitaba algún que fose impactante, chocante, pero que a súa vez fose real. Tiña exame de sociais e neste realizábansenos preguntas sobre a 2ª Guerra Mundial. Nada fora do normal, pura cultura. O profesor sempre nos falaba da crueldade que tivo esa guerra e que só o podíamos saber ao cen por cen se o vivíramos en primeira persoa, cousa que é imposible. Pero entroume a curiosidade e decidín buscar entre os libros optativos de galego algún que se relacionase co tema, e atopeime con este. Gracias Ledicia.
Sen dúbida un dos libros que máis se achega ao ocurrido no conflicto bélico. Numerosas historias que nos lembran como foi a loita e o que se viviu tras ela. Moitas conmocionáronme, outras facíanme sentir rabia e algunhas case me fan chorar.
No comezo do libro xa se nos mostra unha historia chocante situada en Leningrado, na que as persoas mortas de fame, débiles e desesperadas non teñen nada para comer. Só existe unha posible solución para sobrevivir, comerse uns a outros. Chámalle canibalismo, darache asco, pensa que tolean, pero cando te pos a reflexionar sobre o que fan e o porqué das súas accións daste conta de que nesa situación é algo completamente normal. Ademais nas historias móstrase sobre todo a impotencia da xente, que ven morrer a seres queridos sen que eles poidan facer nada por eles. Tamén resaltan outros temas como o terror e o medo presentes durante toda a obra, e como non, o machismo. Cando colles un libro e sabes que trata da guerra era evidente que tiña que estar presente este tema. A autora faino presente na historia chamada "Un animal chamado néboa", mostrando que ela tamén está en contra disto. Nesta historia móstrasenos como as mulleres eran tratadas como escravas sendo forzadas a realizar actos sexuais, exercendo a profesión de prostituta. Pónsenos o exemplo de Martha, unha muller á que tratan de forma pésima e a que enganan dicindo que se se prostitúe durante medio ano a deixaran libre.
Sen dúbida algo ao que nos ten acostumados Ledicia é a reprensetar a realidade tal e como é, algo que fai nesta obra na que se nos mostra gran parte do ocorrido na 2ª Guerra Mundial. Un libro impactante, xusto o que necesitaba. Aínda que esta é unha peza que non recomendo a todo o mundo, máis ben a aquel sector que quere saber máis sobre o réxime nazi, á morte, o machismo, a desgracia e a desesperación que houbo neste conflicto. Unha grandísima obra escrita por unha grandísima autora, de novo volverei dicirche: Gracias Ledicia Costas.

14/06/16

A neta do señor Linh

Comentario de Xosé Manuel Fernández Taboada
 

A neta do señor Linh
Philippe Claudel
Rinoceronte
  


"A neta do señor Linh" a obra escrita por Philippe Claudel é unha historia na que se nos mostra a situación dun vello chamado Linh tras a guerra.
Esta obra conmocionoume moito xa que tras comezar a ler a peza deume moita pena a situación de Linh. Tras a guerra perdeuno todo e só lle quedaba a súa pequena neta, polo que decide emigrar para que a rapaza teña máis oportunidades. Despois disto o vello atópase rodeado dunha atmosfera chea de soidade e tristeza, na que ao mirar para a súa neta só se lle veñen a cabeza os malos recordos da guerra. Tras emigrar coñece un home, o señor Bark. Este nunha situación similar a de Lihn comeza a entablar unha amizade, a pesares de que non falan o mesmo idioma e a penas se entenden. Intercambian sorrisos, xestos e de vez en cando soltan unha frase no idioma do outro, algo que me causou certa gracia. Isto fai que o país estranxeiro ao que emigrou Linh empece a ter unha cara máis familiar e acolledora.
Unha das cousas que máis me gustou da peza, a parte da amizade entablada por Linh e Bark, foi o ben que trata o avó a súa neta, cantándolle nanas, abrazándoa para que non tivese frío, entre outras accións que mostraban o moito que quería o vello á rapaza.
Un libro que recomendo xa que nos mostra as consecuencias que pode ter unha guerra e nos mostra situacións que moitas veces se dan na realidade. Ademais de que nos ensina o moito que poden chegar a querer os avós aos seus netos, e máis aínda se é unha situación como a de Linh, e o valor da amizade, que moitas veces nos axuda a superar situacións difíciles e a olvidarnos dos problemas. Un libro curto e sinxelo de ler que ten unha historia que engancha. Sen dúbida unha gran obra.

13/06/16

Costa da morte blues

Comentario de Adrián Mato


Costa da morte blues
Manuel Rivas
Xerais





Este poemario resultoume moi interesante, posto que  mantívome entretido dende o primeiro poema ata o último. Dicindo a verdade todos os poemas me gustaron, e todos, me fixeron pensar que sería o que terían detrás, e como non, veume a cabeza Manuel Rivas o que me fixo reflexionar, sobre que sería o que levaría  a Rivas a compoñer cada un dos poemas. Os poemas deste libro trataban temas moi diversos dende a borracheira dun tío ata un poema dedicado ao inverno. O poema que máis me gustou foi sen dubida:  
Como aquel, o tío O’Brien, que bebía con luva posta
Por un xoramento á nai agónica.
Tranquila, mai, endexamais tocarei outro vaso de alcol.
Veña, outro vaso!
Ese forma de sinceirarse que teñen os bébedos:
Maldito país! País defunto!
Servos de servidume! Pasto de comepobos!
Galiza, dalia negra!
Por Deus, tododios a rir.
Botalle outra a ese predicador!