ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

17/06/16

Unha puta percorre Europa

Comentario de Xosé Manuel Fernández


Unha puta percorre Europa
Alberto Lema
Galaxia
 
 
"Unha puta percorre Europa" a obra escrita por Alberto Lema é unha peza na que se trata a defensa do feminismo e na que predomina a violencia pola loita deste.
Moita xente dicíame: "Proba con este!", e eu respóndolles: "GRACIAS". Xa mo estaban a recomendar moitos compañeiros e tras acabar de lelo entendín o porqué da súa insistencia. Collín o libro, fixeime no título tan chamativo, abrino e as páxinas comezaron a pasarse solas.
Unha obra sinxela, entretida e moi rápida de ler na que se tratan situacións ilegais, de intriga e de violencia mesturadas ca prostitución. Nesta peza preséntansenos dúas rapazas de Santiago, Ada e Luz, feministas, e que deciden pasarse por putas. Para que? Moi sinxelo, acabar cos homes que recurren a prostitución, quedando con eles e rematándoos a base de disparos. Para elas isto non era nada, polo que deciden crear unha páxina web, en galego, na que mostrarían o seu manifesto. En cuestión de tempo esta páxina pasa a ser unha das máis traducidas do galego a outros idiomas, espállase polo mundo e outras mulleres comezan a facer as mesmas accións que estaban a realizar as "Putas Asasinas". Unha revelación que cobra importancia a nivel mundial e que parece que non pode ser detida. A obra comeza a ser envolta polos medios de comunicación; que continuan a espallar a noticia, os políticos e as forzas de seguridade; que loitan por deter este manifesto, e a sociedade; que comeza a reaccionar á revelación provocada polas dúas rapazas. Ata que un dos varios asasinatos da parella ten serias repercusións no seu movemento e as mulleres que parecían imparables son freadas, unha morta e outra detida.
Sen dúbida foi un dos mellores libros que lin durante o curso, por non dicir o mellor. Unha obra que custa moi pouco ler e na que se trata un tema tan importante como é a loita contra o machismo e a súa vez a defensa do feminismo. Encantoume a forma na que o autor empregou un traballo tan criticado como é a prostitución para tratar temas tan importantes e que moitas veces se nos presentan na realidade. Sorprendeume moito o final, xa que non esperaba que as "Putas Asasinas" acabaran co seu manifesto desa forma. A súa vez gustoume a forma na que o autor rematou o libro, un último capítulo no que se nos mostra como tiñan pensado Ada e Luz que acabaría a cousa. Non teño moito que criticar desta historia, ao mellor podía ser un pouco máis extensa, xa que me quedei cas ganas, pero a pesares diso segue a ser magnífica. Sen dúbida unha peza que recomendo a todo o público e da que estou seguro que non vos defraudará.
 

Sen comentarios