ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

22/06/16

Conduce rápido



Comentario de Raquel García


Conduce rápido
Diego Ameixeiras
Xerais
 
 
'Conduce rápido' de Diego Ameixeiras non é o primeiro libro que leo del,con anterioridade xa lera 'Dime algo sucio'.Neste libro volvo admirar a capacidade de Diego Ameixeiras para enlear as vidas duns personaxes,pero esta vez todos con algo común.
Todos os personaxes se dedican ao mundo sucio,á vida detrás do legal.O título do libro é moi acertado,ao principio non o entendía xa que cando comecei a ler o libro non lle vía relación,pero logo decateime que na vida do calote todo sucede rápido,non pode haber imprevistos porque unha vez que estás metido na lea por un mínimo erro vas para o cemiterio,e iso con sorte senón quedas tirado nunha cuneta.
Ao ler o libro cría que todas as persoas que se meten no xogo sucio é por vontade propia,pero logo tras ler o que lle conta Érika a Ventura púxenme a reflexionar.Igual non toda a xente quere meterse niso,igual toda a xente non se mete niso por cobiza senón porque se ve obrigado indirectamente.Eva cóntalle a Ventura que de pequena lle morreu o pai e logo a súa nai foise con outro e logo olvidouse dela e do seu irmá Samuel.
O que máis me gustou deste libro é o dinamismo,refírome a que nunca sabía o que ía pasar na liña seguinte xa que nese mundo todos os acontecementos viraban moi rápidos e impredecibles.
Recomendaría este libro para pasar un rato entretido,ademáis é moi doado de ler xa que se divide en pequenos 'capítulos' co que é máis fácil.Engado tamén que Diego Ameixeiras é un autor que me gusta moito tanto pola trama dos seus libros como pola técnica coa que escribe.
 

Sen comentarios