ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

03/02/15

Barrotes dourados

Comentario de Carla González Silva


Barrotes dourados
Pascual Alapont
Xerais





Alexandre logo do falecemento da súa moza Carolina queda moi afectado, para el xa nada é o mesmo, a vida xa non lle ten sentido, vese só ante o mundo que o rodea e sen axuda de ninguén. Mentres Carolina se debatía entre a vida e a morte, Alexandre coñece no hospital a Nuria; unha moza que lle fala sobre unha organización na que apoian ao mundo Exipto e ofrécelle a que sepasase por ela.
Pasado un tempo Alexandre atopa na papeleira unha especie de folleto que Nuria lle dera e decide facerlle unha visita. Xa rematada a conferencia, Alexandrequedara abraiado e gustáralle moito o que se falara nela por iso seguiu indo as charlas e pouco a pouco foi formando parte da organización Papirus. O que Alexandre non sabía era que aquela organización en realidade era unha seita; que o único que
conseguirá fora volvelo confuso.
Xa pasado un tempo Alexandre era adicto a aquela seita, non podía vivir sen ela, e o peor era que estaba sometido ao poder e ao control do gobernador `` fillo de ptah ´´ que lograba cambiar a personalidade das persoas. É unha historia espectacular e impresionante porque nos mostra dalgunha maneira como están formadas as seitas e o prexudiciais que poden chegar a ser, causándonos problemas como lle ocorre ao personaxe desta historia. 

Reo

Comentario de Sergio Quinteiro Varela


Reo
Xesús Fraga
Galaxia
 
 
 
Este libro pareceume interesante porque o protagonista fala cun nivel coloquial que te envolve ata o final da historia. Gústame a palabra “Voçê” e a expresión “Voçê toleou?” que dixo Cora, que levan na miña cabeza moitos días.
Trata maioritariamente da loita entre dous grafiteiros (aínda que hai outro máis) que loitan por ver quen é o rei da cidade.
O que máis me gustou foi cando Reo bombardeaba  a cidade con potas, pezas e demais. Pero houbo algo que non me gustou: o final. Non entendín por que Chagui morreu.
En xeral, recoméndollo a outras persoas interesadas pola lectura así como polos temas da sociedade.


02/02/15

Poderosa

Comentario de Alba García



Poderosa
Sergio Klein
Xerais




 Sergio Klein, na súa  novela  Poderosa, publicada pola editorial Xerais, relátanos a historia dunha rapaza chamada Joana que soña con ser escritora. Nun momento da súa vida todo cambiará grazas á literatura.
     Joana sente que grazas os seus escritos o seu pasado cambiou para mellor. Isto lévaa a pensar que a través da escritura pode cambiar o seu presente.
       O personaxe principal é Joana. Os secundarios son a avoa, Nina, os pais de Joana, Xandi,a mestra e algúns compañeiros da súa clase.
      É a primeira novela que leo de Sergio Klein. Outras publicacións deste autor son a segunda parte de Poderosa e Un esqueleto inquieto.
      Este libro resultoume bastante sinxelo de ler, xa que trata de acontecementos dunha rapaza máis ou menos da miña idade, onde os sucesos que lle ocorren poderían chegar a ser unha situación da vida real. O léxico resultoume moi fácil de comprender o que axudou a que a lectura fora máis levadeira e entretida.

Reo

Comentario de Alberto Blanco


Reo
Xesús Fraga
Galaxia
 
 
O libro Reo de Xesús Fraga é unha novela que me gustou porque o tema que trata chamoume a atención.
En primeiro lugar, destacaría o vocabulario e as expresións que utiliza o autor porque son coñecidas e fáciles de entender para nós, a xuventude.
Dos personaxes os que máis me gustaron foron Rai e Sen pola forma de vestir e porque compoñían música como a que me gusta.
Tamén disfrutei dos enfrontamentos que tivo que pasar o protagonista para chegar a ser o rei da cidade, e por suposto da vella discoteca abandonada ou como eles lle chamaban a “A-100”.
O máis negativo foi cando Chagui aparece na “A-100” e se encontra con toda esa xente que viñera a presentación de DobreDose e reacciona violentamente.

01/02/15

Reo

Comentario de Raquel García


Reo
Xesús Fraga
Galaxia
 
 
 
   Reo é un libro que a dicir verdade nin me gustou nin me desgustou. Na miña opinión a este libro fáltalle algo, un tema controvertido, algo que manteña ao lector en suspense. Porque dende que empecei a lelo pareceume un libro moi monótono sen ningunha acción relevante que me empuxara con curiosidade a continuar léndoo.
  Dende o principio do libro ata case a métade o único que nos conta o libro é a vida de esa persoa á cal alcuman Reo, dos seus amigos, da súa afeción que é o graffiti e pouco máis... Comprendo que o libro vaia do significado dos graffitis,tags... e a arte e valor que teñen pero esa historia non chama moito a miña atención.
  O único interesante que pasou para min na historia foi a fuxida de Cora e Reo aínda que non dura moito tempo e o que pasa ao final na A-100. O que sucede con Reo cando o pillan facendo os tags non me resulta moi interesante.
 Con respecto aos personaxes que interveñen na historia (os amigos de Reo, Cora, os pais e o avó) deberían realizar funcións no libro máis importantes xa que ningún deles desenvolve un papel fundamental para a historia.
  A parte do final si que me gustou porque pasa algo que a verdade eu non esperaba, o único é que preferiría que o que pasou na A-100 se aclarara con máis detalles xa que é un dos temas interesantes que suceden na historia. Do que tamén me quedou curiosidade é do novo tagueador que intentaba desafiar a Reo e que ao final sucede que o novo tagueador que firmaba Oni pode resultar que só fora un espellismo de Reo.

Reo

Comentario de María Rodríguez González


Reo
Xesús Fraga
Galaxia
 

A temática da novela Reo vai de graffiteiros. Reo é o personaxe principal, un adolescente de 17 anos. Ía pintando por todos os lados o seu alcume REO, quería encher a cidade co seu nome, o contrario de seu avó que facía carteis de cine e nunca os asinaba, era un artista anónimo. Reo é consciente do valor que ten a historia e a arte, por iso nunca pintaba en monumentos ou algo que tivera valor patrimonial.
Este libro recolle temas moi actuais e nos que vivimos hoxe en día. Temas como a crise, amizade, drogas, familia, aventura amorosa, diversión e o rap.
Esta obra non me gustou moito aínda que me sinto identificada cando o avó fala co seu neto, Reo, dun xeito moi humano e con moito cariño aconsellándolle o seu futuro.