ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

03/02/15

Barrotes dourados

Comentario de Carla González Silva


Barrotes dourados
Pascual Alapont
Xerais





Alexandre logo do falecemento da súa moza Carolina queda moi afectado, para el xa nada é o mesmo, a vida xa non lle ten sentido, vese só ante o mundo que o rodea e sen axuda de ninguén. Mentres Carolina se debatía entre a vida e a morte, Alexandre coñece no hospital a Nuria; unha moza que lle fala sobre unha organización na que apoian ao mundo Exipto e ofrécelle a que sepasase por ela.
Pasado un tempo Alexandre atopa na papeleira unha especie de folleto que Nuria lle dera e decide facerlle unha visita. Xa rematada a conferencia, Alexandrequedara abraiado e gustáralle moito o que se falara nela por iso seguiu indo as charlas e pouco a pouco foi formando parte da organización Papirus. O que Alexandre non sabía era que aquela organización en realidade era unha seita; que o único que
conseguirá fora volvelo confuso.
Xa pasado un tempo Alexandre era adicto a aquela seita, non podía vivir sen ela, e o peor era que estaba sometido ao poder e ao control do gobernador `` fillo de ptah ´´ que lograba cambiar a personalidade das persoas. É unha historia espectacular e impresionante porque nos mostra dalgunha maneira como están formadas as seitas e o prexudiciais que poden chegar a ser, causándonos problemas como lle ocorre ao personaxe desta historia. 

1 comentario:

nerea alvarez gonzalez dixo...

Este libro foi o que ,sen dúbida,máis me gustou.Encantoume como expresa o autor á dor do protagonista pola pérdida da súa moza ,unha dor como se fose indiferente pero que en realudade non o deixa durmir polas noites ,é coma se crease unha nova forma de expresar a dor.
O principio da historia descolocoume un pouco do tema principal porque nas dúas primeiras páxinas é como se intentase ,o autor,maquillar a morte de Carolina e é como se Alexandre morrese tamén con ela.
O que menos me gustou foi como coñece a Nuria e a asociación á que ela pertence porque é unha asociación moi pouco usual nunha localidade ou cidade.