ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

04/02/15

Reo

Comentario de Jorge González


Reo
Xesús Fraga
Galaxia
 
 
O libro de Reo, non estaba mal de todo, pero non foi dos libros máis entretidos que lin. Ata a metade do libro máis ou menos só se narraba a vida de Reo e os grafitis.

Nalgúns momentos concretos mantiña ao lector atento, co gusanillo de saber que ía a pasar, por exemplo un dos poucos momentos foi a fuxida de Cora e Reo.

O final si que me gustou porque é aberto e déixate coa intriga e coa posibilidade de poder inventar ti o final, pero pareceume mal que ao final non dixera quen era Oni.
Tamén aparecen os efectos negativos que trae consumir moitas drogas.

Algúns personaxes, como os pais ou o avó, deberían de introducirse máis na historia. 

Sen comentarios