ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

01/02/15

Reo

Comentario de Raquel García


Reo
Xesús Fraga
Galaxia
 
 
 
   Reo é un libro que a dicir verdade nin me gustou nin me desgustou. Na miña opinión a este libro fáltalle algo, un tema controvertido, algo que manteña ao lector en suspense. Porque dende que empecei a lelo pareceume un libro moi monótono sen ningunha acción relevante que me empuxara con curiosidade a continuar léndoo.
  Dende o principio do libro ata case a métade o único que nos conta o libro é a vida de esa persoa á cal alcuman Reo, dos seus amigos, da súa afeción que é o graffiti e pouco máis... Comprendo que o libro vaia do significado dos graffitis,tags... e a arte e valor que teñen pero esa historia non chama moito a miña atención.
  O único interesante que pasou para min na historia foi a fuxida de Cora e Reo aínda que non dura moito tempo e o que pasa ao final na A-100. O que sucede con Reo cando o pillan facendo os tags non me resulta moi interesante.
 Con respecto aos personaxes que interveñen na historia (os amigos de Reo, Cora, os pais e o avó) deberían realizar funcións no libro máis importantes xa que ningún deles desenvolve un papel fundamental para a historia.
  A parte do final si que me gustou porque pasa algo que a verdade eu non esperaba, o único é que preferiría que o que pasou na A-100 se aclarara con máis detalles xa que é un dos temas interesantes que suceden na historia. Do que tamén me quedou curiosidade é do novo tagueador que intentaba desafiar a Reo e que ao final sucede que o novo tagueador que firmaba Oni pode resultar que só fora un espellismo de Reo.

1 comentario:

Luis Penalta dixo...

O libro pareceume realmente aburrido ata que chegou a metade, logo ten de pega que non se sabe o nome de pia de gran parte dos personaxes, nin sequera do protagonista, pero gustoume moito a partir da metade e a demais non todos os personaxes consideran que o grafiti so é unha maneira de vandalismo senon unha arte mais o cal esta moi ben, e a verdade é que o grafiti pa unhas persoas pode ser un arte ou vandalismo iso depende da persoa. A verdade é que o libro gustoume bastante