ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

04/12/17

A dúbida

Comentario de Noelia Ferreiro Reboredo


A dúbida
María Reimóndez
Xerais




A dúbida é un libro escrito por María Reimóndez, escritora, feminista e doutora en tradución e interpretación española. Cultiva a narrativa, lírica, teatro e o ensaio.
Esta novela trata dunha muller loitadora e forte, decidida a achar a verdade por moi decepcionante que sexa. Ela chámase Deli. O seu marido, un home do mundo da política, é detido por un delito de abuso sexual a menores. A vítima é unha nena que se chama Ana, a filla duns amigos deles.
Deli esforzárase por saber se o seu home foi capaz de facer semellante atrocidade. Na súa investigación descubrirá o lado escuro, cruel e arrepiante  da persoa coa que viviu e cría coñecer dende había anos; pero non foi só del, senón tamén do alcalde da cidade, un compañeiro e amigo do seu cónxuxe.
É importante indicar que nesta novela vemos reflexados moitos valores e eivas  da sociedade na que vivimos. A protagonista, que é Deli,  encarna moitos dos bos aspectos como son: loitar por achar a verdade, a xustiza ou  non ser escrava dos chamados canons de beleza.
Pola contra tamén vemos ese flanco da sociedade infectado por comportamentos inmorais, e algúns, ata pavorosos.  Exemplos destes  son: a corrupción, menosprezar a unha persoa polo seu aspecto físico, o abuso sexual a menores, a prostitución, o poder que pode chegar a ter o diñeiro e a posición social ante a xustiza. Todos estes aspectos van facer que a nosa protagonista comece a ver o mundo dende outro punto de vista.
 Finalmente  este libro ensínanos  algúns dos trazos do mundo no que vivimos, sexan bos ou malos, pero que están aí, ao noso redor, e que debemos loitar contra eses aspectos daniños para as persoas  e loitar pola xustiza.
Persoalmente  pareceume moi interesante, xa que  mostra temas que pasan na actualidade. Tamén me gustou moito a maneira de escribir da autora xa que é capaz de manterte con intriga durante todo o libro.

Sen comentarios