ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

05/12/17

Febre

Comentario de Alba Gómez Barros


Febre
Héctor Carré
Xerais
 
 
Trata dunha moza de 17 anos sen ningún medo que decide axudar as persoas máis humildes despois de descubrir as inxustizas na mina e de cabo Marelo. Unha historia sobre o contrabando nas minas de volframio.
Este libro gustoume moito xa polo simple feito de que un avó contalle a historia a súa neta. Esta forma que utilizou o autor para narrar fixo que me meterá perfectamente no libro e me parecera unha historia que vivíu o meu propio avó e que está a contarma.
Enganchoume dende un primeiro momento, cando mencionaba os distintos lugares de Galicia facendo que me espertase o interese por saber onde se encontran e situar mellor a historia.
É importante resaltar que este libro está ambientado na época do volframio, os sucesos que ocorrían nas minas intentando sacar o material as agochadas. Para min foi un tema atractivo e moi interesante dos anos 40 sobre o que decidín indagar.
A miña curiosidade mantívose dende un principio ata o final. Acontecementos como que Félix fose o guardacostas de Carmucha ou a relación dela co seu pai tívome entretida todo o tempo.
En conclusión un libro espectacular cunha trama moi chamativa.  Recomendaría este libro xa que é moi cautivador.
 

Sen comentarios