ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

03/12/17

Chamando ás portas do ceo

Comentario de Cristina Guerra Vila


Chamando ás portas do ceo
Jordi Sierra i Fabra
Edebé





Este libro, do que vou falar hoxe, é de Jordi Sierra I Fabra. Cóntanos a historia de Silvia, unha rapaza de dezanove anos, estudante da carreira de medicina, filla duns dos máis prestixiados cirurxiáns e doutores de Barcelona e do mundo, que renuncia ó que podía ser un fantástico verán de festa e diversión cos seus amigos, para axudar como voluntaria nun hospital da India. O seu camiño non será sinxelo. Atopará obstáculos, persoas que non a valoran o suficiente só polo seus apelidos e polo seu físico. Pero nunca se rende, sendo unha rapaza cunha personalidade e unha forza envexable.
Persoalmente, este libro pasou a converterse nun dos meus favoritos. Nos momentos nos que o lía era capaz de absorverme e esquecerme do reloxo mentres pasabas páxinas e páxinas. Ademáis de ser un libro sinxelo de ler, dinme conta da realidade do mundo no que vivimos. Dinme conta da desigualdade que existe, na falta que facemos todos e cada un de nos para axudarnos e da sorte que temos algúns de ter todo o que temos, e que por desgraza, non sabemos valorar. Tamén aprendín a crer en min mesma, e loitar polo que quero sen medo os prexuízos que atoparei.
Para rematar, recomendo moito este libro a todos para que sexan quenes de sacar as súas propias conclusión e aprendizaxes.

Sen comentarios