ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

01/11/16

Ollos de auga

Comentario de Ana Santalla Garrido





Ollos de auga
Domingo Villar
Galaxia




O libro sobre o que vou falar titúlase: Ollos de auga, este título fai referencia aos ollos azuis e transparentes, do asasinado Lois Reigosa; o autor deste libro e Domingo Villar. Esta é unha novela negra e policíaca .
Neste libro podemos ver reflectido a cantidade de accións, momentos e pescudas que fan que todo apunte a un claro e único asasino, pero en cambio que a mínima pista faga cambiar todo radicalmente.
Esta novela comeza co asasinato de Lois Reigosa un saxofonista e que tal e como o describían os seus amigos, moi cercano e tenreiro capaz de capturar a calquera con eses ollos color auga, os mesmos que reflectían o sufrimento e a dor que tivo que pasar tras o seu asasinato pois, para min, foi unha das mortes mais dolorosas ( xa que tivo lugar nunha zona delicada), este asasinato deu lugar a moitas preguntas e pouca información que grazas a intuición e a agudeza do inspector Caldas, se foi resolvendo pouco a pouco, aquí entran en xogo outros novos asasinatos que xorden a partir do asasinato de Lois, xa que había moita xente de por medio; no desenvolvemento da novela o inspector Caldas deixouse levar pola intuición e comezou a xuntar pezas e accións, como todo encaixaba o asasino era claro; cando Caldas se deu conta de que non podía ser todo tan fácil, pois o asasinato non estaba resolto. 

A reflexión que me dá este libro e coa que me quedo é: Non todas as persoas son o que aparentan.

Sen comentarios