ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

02/11/16

O neno do pixama de raias

Comentario de Laura Soto Blanco

 
O neno do pixama a raias
Jhon Boyne

Faktoría K



Jonh Boyne,o autor desta pequena novela, trasládanos á época Nazi para intentar conseguir que reflexionemos sobre este delicado tema, dende o punto de vista dun neno de 9 anos, chamado Bruno, protagonista da historia, fillo dun alto cargo alemán. Acostumados a ter unha vida relaxada e tranquila en Berlín, múdanse a Auschzwich. Bruno comeza a sentir curiosidade pola xente que anda nese parque cuns pixamas de raias, ata que se acerca e comeza unha amizade con Shmuel, un neno xudeu.
O escritor enfocou a historia dando a coñecer este mundo dunha forma escalofriante pero que resultase cercana a adolescentes dende os ollos dun neno morto a súa idade.
Como opinión propia direi que é un bo libro para dar a coñecer este tema, entretido e sincero, e que recomendo a todo tipo de lectores. Aínda que penso que é algo ficticio, xa que ningún fillo dun alto cargo alemán na época nazi, estaba totalmente enganado neste aspecto, todo o contrario, intentaban lavarlle os cerebros e facer que pensaran da mesma maneira, polo que sería imposible que houbese nenos que descoñeceran a verdade.

Sen comentarios