ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

30/05/16

Unha primavera para Aldara

Comentario de Adrián Mato Rodríguez



Unha primavera para Aldara
Teresa Moure
Xerais 




Unha primavera para Aldara non foi para nada unha historia aburrida, predicible ou común, senón ata o de agora a mellor obra de teatro que lin endexamais. Gustoume case todo desta gran obra, dende a enorme crítica que fai da sociedade patriarcal, ata cada unha das pequenas vivezas das monxas do convento. A actitude das monxas e moitos conflitos dos que se amosan, lévante a reflexionar sobre infinidade de cousas, sobre as que moitas veces antes pensaramos, pero nunca tan detidamente.  Para falar de toda a información que che aporta ao longo da historia este libro, faría falla escribir un tan grande coma el. O personaxe que máis me gustou foi sen dúbida o de Aldara, a abadesa do convento, porque comparto con ela a maioría das súas opinións e as súas reflexións, ademais disto, paréceme a personaxe que máis se preocupa polos demais.  O personaxe de Elvira paréceme moi importante neste relato, porque representa a muller maltratada polo seu home  que sen embargo segue a defendelo, dicindo que el non sería capaz de facer dano a unha mosca, só que cando está bébedo... Todas as personaxes son esenciais na obra e cada unha ten o seu papel e a súa pequena crítica, pero dos que quedan cabe resaltar a personaxe de Nuno (Nuna), un cabaleiro(a) que chega o convento  malferido e ten relacións con Aldara ,mais, o verdadeiramente importante desta personaxe, é que se ten que facer pasar por home para loitar a favor de Galicia nas Guerras Irmandiñas. En resumo sorprendeume e agradoume moito esta obra teatral.
 

Sen comentarios