ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

31/05/16

Sempre quixen bailar un tango

Comentario de Francisco Rodríguez


Sempre quixen bailar un tango
Teresa González Costa
Xerais


Este foi o primeiro libro que pasa polo meu cerebro da autora Teresa González Costa pero, sen embargo, xa é o segundo libro que leo deste xénero literario, o teatro, e nesta lingua, pois lin "A casa de Bernarda Alba" pero esta obra  eu lina en castelán. Estas dúas obras teatrais que xa lin non fixeron máis que aumentar a miña afección cara a este xénero literario xa que primeiro "Comedia bífida" de Manuel Núñez Singala e logo "Sempre quixen bailar un tango" foron libros que me sorprenderon e que tiveron en común que me engancharon dende o principio ata o final facendo deles un camiño que percorres e polo que vas descubrindo novas paisaxes e novas cousas a medida que avanzamos nese camiño.

Este foi un libro que, pese a non ter moitas das características que suelo buscar nun libro, coma anacos de comedia, moita acción, etc. Esta obra conseguiu que outras características que non soen ser moito do meu agrado, coma un forte toque de sentimentalismo ou unha acción moi pausada, convertéronse nas bases do meu gusto por este libro xa que, por exemplo o gran sentimentalismo que se aprecia en moitos momentos da trama colleume de verdade o corazón e fíxome sentir o que de verdade sentían os personaxes, un feito que penso que é o que Teresa pretendía cando introduce esta dose se sentimento, que o lector sinta o mesmo que os personaxes no avance da trama.
Outra cousa que quero destacar neste libro é o pequeno número de personaxes que aparecen na trama, este aspecto paréceme admirable xa que penso que elaborar unha trama relativamente longa, coma esta, cun número tan reducido de personaxes e que non acaben resultando pesados, que no meu caso o conseguiu, paréceme realmente complicado. Esta brevidade no tema dos personaxes resulta moi beneficiosa para o lector, pero tamén para o libro en si, xa que fai moito máis amena e lixeira a lectura e reduce as posibilidades de desengancharte da súa trama. Os personaxes que compoñen esta historia son: Manuel, personaxe sobre o que se sustenta o libro, é un home loitador ao cal lle diagnostican un cancro incurábel que fai que a súa vida se diminúa a uns poucos días, este diagnostico tamén é unha gran base deste libro xa que case todas as accións estarán relacionadas co feito de que Manuel está a piques de morrer. Logo debo meter nun paquete insensíbel e desprezábel aos personaxes de Susana, a filla de Manuel, e de Luís, marido de Susana, xa que, cos seus actos demostraron non ser persoas, ser egoístas e non ter sentimentos ningúns. Esta falta de corazón obsérvase perfectamente cando Susana recibe a noticia da pronta morte de Manuel e só se preocupa do seu aspecto físico sen preocuparse en absoluto pola vida do seu pai, ou cando Luís pensa en meter ó seu sogro nun centro coa escusa de que está demente para así aproveitarse e roubarlle os cartos. Con estes actos o único que me aportan estes personaxes é unha asquerosidade enorme, xa que, neses momentos, hai que estar ao lado da persoa que o sofre e que necesita axuda, e máis se é un familiar, xa que logo arrepínteste de cousas que non fixeches e poderías ter feito. Con todo isto cheguei á conclusión de que persoas coma estas non son necesarias na sociedade actual xa que só aportan cousas malas. Para finalizar, María, unha criada nun principio sen moito fondo, acaba sendo, para min, o personaxe máis máxico deste libro, xa que é unha persoa humilde, comprensiva e chea de tolerancia e empatía, valores que fan falta que estén presentes nas persoas nesta sociedade na que vivimos chea de hipocresía e de egoísmo. Ademais, protagoniza un acto no final do libro que consiste en fuxir, xunto a Manuel, deixando unha carta que atopa a súa familia, pois a carta ía dirixida a Manuel, e que dicía que amaba fondamente a este e que desexaba bailar un tango agarrado aos seus brazos.
Este acto é o que lle nome ao libro, un nome que ata chegar ó final resultábame estraño, pero que tras este manuscrito escrito por María xa o entendín perfectamente.
En definitiva un libro que, ata o momento non lle encontrei ningún "pero", polo que segue a aumentar as miñas ganas de seguir lendo teatro, e que fixo que o que parecía un rasgo bo, ter poucas páxinas, ao final converteuse non en algo malo senón nun rasgo que non me importaría que contara có dobre de páxinas. Por todo isto, recoméndoo.

Sen comentarios