ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

01/06/16

O achado do castro

Comentario de David González Sampayo


O achado do castro
Manuel Núñez Singala
Galaxia
  

Cando me dei conta de que tiñamos que ler un libro de teatro pensei que ía ser o mesmo de sempre pero resultou que non, este libro caracterízase pola ironía e o humor que esta presente durante toda a obra nel. A parte de introducir a ironía e o humor nesta obra o autor traslada a acción ao pasado, en concreto á Roma antiga.
En canto ao léxico, destacar que grazas a utilización dun léxico sinxelo e as veces coloquial resultoume moito máis fácil ler esta obra. Gustoume porque estiven case todo o tempo rindo coas accións que transcorrían nel, tanto as pelexas entre os dous protagonistas principais como coas discusións e o resto de accións que transcorrían neste.
Nesta libro cóntase como os dous personaxes principais planean como roubarlle a medalla ao emperador para despois estes poder aspirar a ser un dos dous o emperador do Imperio Romano.  Mentres estes executaban o plan para roubar a medalla, no bosque a filla do emperador e máis o seu mozo, cando estaban xuntos, foron vistos polos gardas do emperador. Estes colleron aos dous e leváronnos xunto o emperador para que el decidira que facer con eles e decidiu encerralos. Máis tarde a nai do rapaz, Arprexia, foille esixir ao emperador que soltara ao seu fillo e este namorouse dela e ela namorouse tamén del, e polo tanto consentiron o amor dos seus fillos. E decidíronse casar todos o mesmo día.
O final da historia sorprendeume moito, xa que non me esperaba que tras o emperador pillar aos dous protagonistas roubando, nunha zona do palacio, non lle dixera nada. Incluíndo así outro momento irónico e humorístico.
As descricións a verdade é que son bastantes detalladas, tanto a descrición dos ambientes como a dos personaxes, o que permite que a lectura desta obra de teatro sexa máis fácil.

Sen comentarios