ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

22/05/16

O achado do castro

Comentario de Silvia Bruguera


O achado do castro
Manuel Núñez Singala
Galaxia
 
 
 
 
Esta obra teatral desenvólvese arredor de dous namorados de distintas familias; no que os seus pais non permiten a súa xuntanza por ser de diferentes clases socias. O libro iníciase cando aparecen dous ladróns; Caleno e Catulo que organizaron un plan para demostrar ao pobo que se o rei non é capaz de evitar que lle rouben un medallón como vai ser capaz de protexer o seu Imperio, coa fin de chegar a gobernar o Imperio. Máis tarde os ladróns escoitan que os soldados do Emperador se aproximan e escóndense; os soldados marchan e os ladróns deciden marchar tamén por se regresan. Os soldados máis tarde regresan e deciden esconderse tras un arbusto para esperar a Manolitus e máis a Carmiñae.
Manolitus é fillo de Arpexia; a comerciante máis rica do Imperio e Carmiñae é filla do Emperador. Eles dous coñeceranse en Nápoles, dende aquelas namoraranse e comezaron a ter unha relación. Os seus pais non aceptaban o seu compromiso por iso tiñan que verse a escondidas no bosque.
Os soldados ven chegar a Manolitus e máis tarde chega Carmiñae, comezan a manter unha conversación e cando estan a punto de bicarse interrompeos un soldado e arrestaos.
Os soldados levan aos namorados ao pazo Imperial. O Emperador estaba recitándolle uns poemas a Citrón para que lle dise a súa opinión. Cando o Emperador sae da sala aparecen Caleno e Catulo poñendo en marcha o seu plan para roubarlle a medalla, divisan ao Citrón, golpéano e desfanse del. Caleno vistese coas súas ropaxes e ponse a súa barba, Catulo escondese baixo o "triciclium" e volve o Emperador.
Ao chegar os soldados contanlle o sucedido; entran Carmiñae e Manolitus en escea, confesan o seu amor ao pai de Carmiñae; este pide a opinión do sabio que en realidade é Caleno ao que responde que os debería pechar nas celdas. No transcurso da historia Catulo intenta apropiarse da medalla pero fracasa. Despois de encarcear os mozos e desencarcealos unhas veces o verdadeiro Citrón vai avisar a Arpexia de que o Emperador metera na cárcere a Manolitus. A nai chega moi enfadada reclamandolle que solte ao seu fillo e este acede polo medo que ten á aquela muller. Preto do final do libro o narrador pregúntalle aos personaxes que opinan.
O Emperador opina que Arpexia é fermosa, e que ese Imperio necesita unha muller con carácter. Arpexia opina do Emperador que é guapo e que fai moito que esta sola. Asi que deciden casar e aceptan o matrimonio de Manolitus e de Carmiñae.
Esta obra teatral é cómica e divertida. Atopamos moitos personaxes divertidos.
Unha das partes que máis me gustou foi cando Manolitus chega ao bosque onde citou a Carmiñae e ponse a falar en alto coma se estivese só pero alí nos arbustos estaban os soldados un pouco como mofandose del.
Gustoume a parte do narrador cando conta que un dos soldados é muller, facendo alusión a que as mulleres naquela época tamén podían exercer a función de soldado.
Outra parte que tamén me agradou foi cando o Emperador lle recita uns poemas ao Citrón e máis tarde cando Caleno o suplanta ao orixinal; o emperador dille que lle siga lendo poesía e ao non saber leer el invéntaos.
Unha parte da obra teatral que non me gustou foi cando o Emperador manda aos nenos á cárcere e desencarceaos e vólveos encarcear; pareceme que lle dá moitas voltas a esa parte da historia.
O meu personaxe favorito é un dos ladróns; Caleno; pareceme un persoaxe moi cómico posto que ao longo da historia varias cousas me fixeron rir, fai un pouco o papel de gracioso.
O personaxe que menos me gustou foi Carmiñae; pareceume un papel no que non nos revelan moitos datos.
En resumo; ao ser un libro interesante resultoume doádo coller o fio e así puiden lelo rapidamente. 

1 comentario:

Cristina Costela Seara dixo...

O achado do castro de Manuel Núñez Singala foi un libro que non chamou a miña atención e que non me transmitiu nada en especial. Para min foi un libro coma outro calquera e non teño nada polo que destacalo, xa que non me enganchou nin resultou divertido, máis ben aburriume.
Neste libro cóntase a historia, de dous namorados, Manolitus e Carmiñae, cuxa relación non é aceptada polo emperador, pai de Carmiñae e nin por Arteixa.
Por se fora pouco, dous vagabundos, intentan sen éxito, entrar no palacio do Emperador para roubarlle a medalla, e deste xeito, facerse ricos.
Creo que é un libro moi doado de ler, e moi sinxelo, é dicir, non ten moito argumento nin usa un léxico complicado. Dende o meu punto de vista é un libro que non recomendaría ler.