ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

23/05/16

Comedia bífida



 

Comentario de Telmo García Castro


Comedia Bífida
Manuel Núñez Singala
Galaxia



Esta pequena obra teatral trata o tema da defensa do galego.  A partir dun suposto xuízo a falantes que non respectan a lingua, o autor pretende despertar a nosas conciencias lingüísticas para que superemos os prexuízos contra o galego.

A obra ten o seu toque de humor cun anxo que defende o castelán e un demo que se encarga de abrir os ollos a todos para que detectemos actitudes prexuiciosas. O anxo non deixa de ser un panaco fiscal que non da pé con bola, pero o demo “Luci” (de Lucifer) é unha intelixente voz que desarma a eses falantes que, ás veces sen sabelo, están cheos de odio hacia o galego. Danse situacións moi cómicas coma a das siamesas enfrontadas polo fútbol ou cando o fiscal Arcanxo ten máis fame que ganas de defender o castelán. As chamadas da señora preguntando pola lavandería son tamén un contrapunto chistoso que fan desta obra unha comedia lixeira.

A obra é moi orixinal e válida como obra reivindicativa, pero na miña opinión ten un exceso de mensaxe de defensa do galego. O final,con esa confusión entre espectadores e mortos, e co engano de San Pedro a Deus mentíndolle, gustoume por chistoso e cheo de orixinalidade. Sen embargo, a idea xeral da comedia é que me resultou un pouco cansina., sobre todo o feito de que repetira sempre a mesma estructura nos xuízos: presentación dos falantes, revisión dos seus casos con algún flashback e intervención de San Pedro. Acortaría algo o xuizo e faría menor a carga de denuncia lingüística e maior o fío da historia. Creo que así gañaría a obra porque en algún momento parece máis ca unha comedia un panfleto.

Sen comentarios