ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

18/05/16

Don Hamlet

Comentario de Raquel García



Don Hamlet
Álvaro Cunqueiro
Galaxia


"Don Hamlet" de Álvaro Cunqueiro é un dos primeiros libros que leo en teatro; ler teatro ao principio impoñiame lelo pero logo de ler este libro decateime de que se che gusta a obra flues por ela coma se fose todo narrativa.
Nos primeiros actos a obra non me chamou moito a atención xa que só hai un acto relevante no que Hamlet descubre de verdade quen é pero decide polo momento non pregoalo aos catro ventos.A acción do libro sucede nos últimos actos cando (polo menos eu) esperaba que Hamlet fose un personaxe temperado e tranquilo,pero non,resulta que reacciona inesperadamente dunha maneira calculadora e violenta co pai,coa nai e mesmo con el.
De feito,o meu personaxe preferido é o dito protagonista xa que como ben dixen ao primeiro parece alguén pacífico e temperado pero ao final móstrase todo o contrario.
Uns personaxes que me chocaron un pouco son Ofelia e o pai Poloño xa que eu optaría por quitalos da historia xa que aparecen e din algunha frases pero non realizan nada relevante.
En resumo,esta peza de teatro amosoume a brillante imaxinación que posuía Cunqueiro.Recomendaríao xa que pese a ser de teatro se fai moi ameno de ler.

Sen comentarios