ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

30/04/16

Masculino singular

Comentario de Vanesa Lalín Pousa



Masculino singular
Carlos Negro
Xerais
 
 
“Masculino Singular” , un libro que me deixou con ganas de seguir lendo , pero non era posible , xa o rematara . Foi tan rápido lelo , que como soemos decir “nun abrir e cerrar de ollos” xa o tiña lido .
Pasoume con él algo inesperado , volvín lelo case todo de segunda , non porque non o entendera , todo o contrario , xa que no fondo era moi sinxelo , todos os poema tratan do mesmo indo dende o machismo ata o feminismo .
Este non foi para min o típico libro de poesía , os cales as veces non me gustan moito , pero aquí cada poema tiña unha forma diferente , se un me parecía orixinal o seguinte ainda era máis , onde o único que os unía era o tema en común que tiñan todos . Eran temas moi reais e que están moi próximos na nosa sociedade , como pode ser a violencia de xénero , as diferenzas , que a sociedade fai entre homes e mulleres , chegándose a crear para min roles que xa están coma preconcebidos , onde cada un é como se tivésemos un papel que facer na nosa vida non podendo cambiar , xa que eso sería o que nos toca facer por ser o home ou muller .
Pero para Carlos Negro esto non é así , eu estou moi dacordo con el , xa que para poder crear unha sociedade boa temos que empezar por admitir e respetar as diferenzas que existen entre as persoas e todo o que nos rodea . Pero esto é moi difícil conseguilo , eu penso que se tivésemos obras similares a esta fariannos polo menos pensar algo diferente .
Todos os poemas gustáronme moito , resúltame difícil elixir un , se o tivera que facer quedaríame co de Baldosas , a súa forma resultoume moi atractiva e orixinal , xunto co seu contido que é dunha muller , para min maltratada polo seu marido , que eu imaxinei que estaría como encerrada entre “catro paredes”, das cales lle resultaría moi difícil saír .
Este libro a pesar de ser tan curto deixou unha gran pegada en min.
 

1 comentario:

María Mato dixo...


Masculino Singular é un libro de poesía no que se fai unha crítica dos estereotipos que a sociedad elle atribue aos dous sexos e a exclusión das mulleres.
O autor expresa a súa crítica a través de poemas orixinais como o de baldosas, no que se critíca a violencia de xénero. Outros poemas que tamén me gustaron son o de Just for men, no que se expresa a exclusión das mulleres; cadernos rubios, no que fai ver que non todos os homes son uns maltratadores e uns machistas, e Animal de peluche, onde os homes tamén poden disfrutar da paternidade; evolución do home na sociedade: anotacións arredor da masculinidade nun folio de papel reciclado.
A forma de escribir do autor é simple pero a vez fai ver a indignación que sinte pola importancia que se lle dai ao home na sociedade e a discriminación que sinten as mulleres.