ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

29/04/16

Masculino singular

Comentario de Andrea García Méndez


Masculino singular
Carlos Negro
Xerais



Este é un libro de poesía curta, pero cun gran contido sobre o machismo e a violencia de xénero.
Nos poemas destas páxinas relátanse diversos poemas pero todos eles teñen en común unha cousa: expresar a violencia de xénero en simples cousas da vida cotiá, por exemplo a cor da roupa, os xoguetes e os seus accesorios, os tratos de homes  á mulleres, a obxectualización da muller no pasado e aínda agora, e por último o valor que se lle atribúe a un ser vivo que fixo que a humanidade estivera viva aínda agora, o ser vivo é a muller. Porque elas pensan, senten, sofren, namóranse moitas veces de quen non deben pero o máis importante é que viven.
Entre tantos poemas houbo un que foi o que máis me chamou a atención e foi este:
1.   Os nenos non choran as nenas non pegan
os padriños dan puros as madriñas dan bicos
os vampiros asustan as vampiresas seducen
os tigres dan medo as tigresas dan sexo
os vellos son verdes as vellas bruxas
os caixeiros dan cartos as caixeiras dan bolsas
os pais fan a patria as nais fan a cama
os soldados a guerra o amor a soldadeira
o mozo o coche a moza o escote
os poetas as musas as poetisas as flores
morfema o masculino o estigma o feminino.

Neste poema demóstranse os prexuízos e as distincións dos homes fronte as mulleres, como se ve que a muller é un simple obxecto e non aspira a máis que a facer a cama, cando en realidade moitas veces fan moito máis que os homes.
Este libro reflicte bastante ben a súa temática, é claro, fácil de ler e curto. Algo que tamén me chamou a atención foi a quen dedicou o libro o autor, a un home, a seu tío.
Por sorte para min miña nai foi a única encargada en aprenderme uns principios e telos claros, as nais en moitas ocasións fan de nai, pai e incluso de avós, vese aí a forza de superación das mulleres. 

1 comentario:

Sergio Quinteiro dixo...

Masculino Singular foi un libro que me gustou moito e foi moi agradable de ler. Grazas a este libro estame empezando a gustar máis a poesía e agora sei que este xénero lírico o pode ler calquera persoa porque, por pouco que che agrade a poesía, sempre hai algún poema que che guste.
Grazas á súa facilidade léxica, este libro fixo que unha vez que o empezara non dese parado de ler. Se todos os libros fosen así, deixaría de desenrolar outras actividades para dedicarme a ler.
Masculino singular é un gran poemario para todos aqueles que se están a introducir no mundo da lírica, xa que é un libro que non contén poemas de unha métrica regular e mesmo podemos encontrar caligramas. Non é doado resumir o contido do libro porque todos os poemas son diferentes e cada un deles agocha un misterio que fai que queiras seguir lendo. Este libro tamén deixa claro que os roles que se nos asignan de pequenos non son obrigatorios, e dicir, que os nenos non teñen que ir de azul e as nenas de rosa, os nenos non teñen que xogar con camións e as nenas con bonecas.
Este libro recoméndollo a aquelas persoas que queiran deixar atrás unha etapa na que a poesía estaba “prohibida” para afeccionarse a ela e empezala a ler. Porque a poesía non vai comer a unha persoa, senón que é unha lectura como outra calquera.