ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

05/01/16

Cartas a Lelo

Comentario de Cristina Costela


Cartas a Lelo
Xosé Neira Vilas
Galaxia




Cartas a Lelo de Xosé Neira Vilas é un libro sinxelo e fácil de ler. Neste libro, Lelo, vén sendo o amigo de Balbino, o que con el xuntaba herbas para o fumazo da noite de San Xoán, o que o salvou de morrer afogado no río, o que soñaba con ser músico, ou mariñeiro ou aviador; pero marcha a Brasil cos seus pais, e os dous amigos cartéanse contándose as novidades e Lelo fálalle de Brasil.
Balbino cóntalle todo ao seu compañeiro de aventuras que está lonxe, máis alá do mar. Un día vai a súa aldea e fala das cartas que se envía con Lelo, e outro rapaz chamado Toño comeza ramén a escribirlle e dende esas, cartéanse.
O libro de Cartas a Lelo está composto polas cartas de Toño nas que, nalgunhas ocasións alude ao contido das que recibe do seu amigo.
É un libro que trata o tema da emigración, esa época na que as familias ou pais marchaban a América para facer máis cartos, de ahí a frase Facer as Américas.
Cartas a Lelo é a segunda vez que o leo, e esta lino para documentarme para facer un traballo sobre a guerra civil. É un libro que me gusta polas aventuras de Toño e os amigos e a pesares de que cada capítulo trata sobre unha historia diferente resultoume un libro divertido.
Todos os capítulos me gustaron pero o que máis me gustou foi: Cantarela, circo e teatro, xa queantes non había xoguetes, nin televisión pero os rapaces divertíanse igual a pesar de non ter tantas cousas como nós temos agora. Neste capítulo os nenos montan un teatro para divertir á xente mentres eles tamén o pasan ben. Canta imaxinación tiñan !

Sen comentarios