ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

04/01/16

Lume de cobiza

Comentario de Nerea Álvarez


Lume de cobiza
Miguel Anxo Fernández
Galaxia




Esta historia gustoume moito pero non me entretivo nin me emocionou tanto lela como a de A Praia dos Afogados.
Esta historia trata sobre un home que se chama Frank Soutelo que vai de vacacións a Muros, á casa da súa tía e da súa curmá. O protagonista tivo que estar en Madrid unha temporada por temas de administración e aproveitou para ir ó museo a ver cadros famosos como o de Picasso.
A parte desta novela que máis me gustou foi cando a súa curmá lle pide axuda con unha amiga á cal lle morreu o fillo. A autopsia di que morreu de sobredose de drogas pero os pais non o cren así. Esta foi a parte que máis me gustou porque o autor expresa a desesperación dos pais do rapaz por averiguar o que pasou en realidade. Outra das partes da novela que máis me gustou foi o momento do “interrogatorio ó mercenario serbio, o cal foi encontrado pola detective local que lle axudou no caso e tamén gracias ó apoio do ex - garda civil. A parte da historia na que conseguen que o mercenario confese que el axudou a matar ó mozo foi unha das máis tensas e unha das maís intrigantes da novela.
Aínda así gusataríame que, por exemplo, o caso desta historia fose un pouco máis longo e que as pistas que tivese que seguir Frank fosen máis enrevesadas porque así tería máis intriga a resolución do caso e tería máis enganche á hora de lelo.
 

Sen comentarios