ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

11/11/15

Un animal chamado néboa

Comentario de Vanesa Lalín


Un animal chamado néboa
Ledicia Costas
Xerais



“Un animal chamado néboa”, que título?, nunca pensei que nesas palabras puidesen dentro de si ter tanta dor e sufrimento. Cando collín este libro na biblioteca xa me avisaron de que era moi forte , un libro moi duro, pero eu en ningún momento pensei que fose tan alá. Pero esta impresión duroume pouco tempo, con só empezar a ler xa me decatei de que aquilo era algo case imposible de dixerir, parecía que me daba ganas de deixar caer o libro e pisalo cos pés , pero iso non ía arranxar nada. Segundo pasaba as follas cada vez producíase en min unha mestura de sentimentos, sobre todo de tristura, rabia e moita moita impotencia, ante unha situación que pon un límite a calquera ser vivinte .
Tiña ganas por un lado de ler moi pronto, para que á miña cabeza non lle dera tempo de pensar nin reflexionar moito o que aquelas palabras dicían, pero por outro lado sentíame enfadada, xa que non me parecía verdade que algúns seres humanos poidan ser tan crueis e malvados con outras persoas  que en ningún momento fixeron nada para merecer iso, só loitar cunha forza incrible pola súa vida e pola súa liberdade .
Non conseguín ler enteiro ningún capítulo, xa que tiña que deixalo en certos momentos; era algo moi difícil de explicar  pero propúxenme a min mesma que pouco a pouco o iría lendo  xa que estes temas relacionados coa historia dos países gústame, pero isto era algo moi superior a min.
Unha vez que o rematei deixei pasar uns días para poñerme a escribir sobre el, porque nese momento penso que non tiña forza. Así, puiden cavilar coa cabeza un pouco máis fría, e decateime de algo que non me gusta xa que non fai falta pensar no libro para ver que aquí cerca de nós aínda pasan cousas moi similares, que se non pensamos nelas non parecen así, pero que aínda hoxe seguen sendo moi crueis e atentando contra as persoas e a súa dignidade humana ser ningún motivo.
En resumo, para min este libro foi moi duro, pero no fondo ten algo tan especial que coido que calquera de nós o debería ler, xa que nos axuda a recapacitar sobre certos temas. 
En fin, penso que sempre vai quedar algo dentro de min que nunca esquecerei “Un animal chamado Néboa”
 

Sen comentarios