ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

11/11/15

O pobre Tolo

Comentario de Daniel Gavierio Suco


O pobre Tolo
Inacio
Demo
 
 
O cómic "O pobre tolo" é unha das maneiras coa que nos podemos achegar a vida de Castelao dunha forma diferente. Neste libro cóntase o que lle sucedeu a Castelao tras ser desterrado a Badaxoz, onde coñece  outros galegos.
O que máis me sorprendeu foi os moitos idiomas escritos neste libro, entre os que se encontra o potugués, francés, galego e español.
A min a parte que máis me gustou foi cando, en Portugal, se fai co libro “O pobre tolo”, de Teixeira de Pascoares. Pero a parte que menos me gustou foi cando fala co afiador, xa que non a entendín moito.
A min gústanme pouco os cómics, pero este foi un dos poucos que lin e me enganchou. Este é un libro que llo recomendo a xente que quere saber sobre a vida de Castelao porque ten moita informacion dela.

Sen comentarios