
Comentario de Cristina Costela
Titoán
Inacio Vilariño
Demo editorial
Titoán
Inacio Vilariño
Demo editorial
Este libro chamado Titoán, foi un libro que
me foi moi doado de ler e que me gustou moito, xa que me achegou máis a vida de
Castelao dunha forma divertida, é dicir, a través dun cómic cheo de
caricaturas. Este libro céntrase na vida de Castelao, e vai dende a súa
xuventude ata a súa madurez.
Ao principio deste libro perdinme un pouco
cos saltos de tempo ao pasado; móstranos un Castelao que rematou os estudos
de medicina para contentar ao seu pa , xa que o seu punto débil era a
caricatura. Durante a lectura, aparece un Castelao namorado e que quere casar,
pero céntrase especialmente na figura do cabezudo que lle encargaron a
Castelao para as festas de Rianxo. Para iso, escolle ao home máis feo da vila,
Titoán, o que lle proporcionará algún que outro malestar pero tamén lle
brindará unha eterna amizade. Ademais a Titoán acáballe gustando o cabezudo e
ata lle chama “irmanciño”.
Un libro que me gustou moito e que deberiamos
ler para coñecer mais sobre esta importante figura galega.
Sen comentarios
Publicar un comentario