ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

19/11/15

O señor Ibrahim e as flores do Corán

Comentarios de Sonia Troitiño Loureiro


O señor Ibrahim e as flores do Corán
Éric-Emmanuel Schmitt
Faktoría K




Esta pequena novela encantoume . O título xa me chamara a atención e cando o collín na biblioteca, tamén o formato da edición  coa portada toda en negro e as letras blancas e a cor verde gustáronme.

Este libro non ten un gran contido de acción narrativa, pero si de contido emocional e reflexivo. Faite pensar no afortunado que somos por ter quen nos queira e nos axude. A historia de Momo é triste ata que o señor Ibrahim entra na súa vida. É un rapaz sen cariño, só, amargado pola convivencia cun pai  frío e gris, un supervivente que se ten que buscar a vida cando o que tiña que recibir é cariño e apoio para medrar.

Coñecer  ao tendeiro árabe  cambia  a vida de Momo  xa que Ibrahim fai o labor dun pai amable e cariñoso  que o neno nunca tivo. Con el Moisés aprende, perdoa o seu pai e consegue entender e asumir o mundo. Con el vive , soña e disfruta da vida. Con el faise un home e aprende que “hai infancias das que cómpre curarse” e que se “queres ter amigos cómpre non bulir tanto”.  Entre estas dúas personaxes establécese unha conexión de amor e vida que me pareceu moi fermosa.

Na miña opinión é un libro sinxelo, pero profundo.
 

Sen comentarios