ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

18/11/15

O faro escuro

Comentario de Silvia Bruguera


O faro escuro
María López Sández
Galaxia





Este libro gustoume porque fala da desaparición e do desacougo dunha famosa xornalista chamada Catalina Moscoso. É un libro que provoca intriga aos seus lectores polo misterio do comezo cando a xornalista desapareceu.

O faro escuro é unha pequena novela fragmentada en varios capítulos, en cada un dos seus capítulos o narrador varía: ás veces a narradora é Catalina, narrando a historia dende o seu punto de vista, no fondo do pozo, contando os seus sentimentos, inquedanzas e recordos do accidente do avión. Outras veces fala como narradora a inspectora Neira que leva o seu caso e conta como chega a dar con Catalina paso a paso e a quen ten que interrogar para atopala. O último personaxe que actúa como narrador é o fareiro.

O personaxe de Catalina é moi forte física e psicoloxicamente porque unha persoa nas súas condicións perdería a cabeza moi facilmente, pero ela soubo como afrontar a situación dentro dun pozo con pouca comida, as míninas condicións hixiénicas e coa única compañía dun canciño chamado Coco. Senón existise o personaxe do fareiro non teríamos historia, é o personaxe máis demente de toda a novela, cunha paranoia coas mulleres fermosas. A pesar do seu desequilibro mental, ao final da historia deixou un acontecemento moi importante de lado, porque sentía a necesidade de ir arranxar o faro que deixara de alumear, para que un pequeno barco que estaba á deriva non se estrelase contra a súa illa. Este acto demostrou a dedicación do fareiro ao seu traballo.

A xornalista cando atopa o can recén nacido na cesta e observa que ten medo, cólleo no seu colo e acariñao, nesta escena ensina unha faceta dela, na que aprecia moito a vida dos animais, e conservou o can ata que acabou todo o que lle sucedeu.

Unha parte do libro que me agradou moito foi na metade cando a inspectora Neira e os axentes Cuns e Silva descubriron que a desaparición de Catalina tivera que ver coas persoas que sobreviviron coma ela no accidente aéreo. Outra escena que me conmoveu foi cando a inspectora decide arriscar a súa vida embarcándose cara á illa cun temporal moi perigoso para poder salvar a Catalina do cal pensan que é o asasino das rapazas da Costa da Morte.

En resumo, esta novela curta foi moi interesante de ler, non me causou ningunha dificultade para o seu entendemento, e foi moi entretida á diferenza doutras novelas mesmo que eran máis curtas ca esta.

1 comentario:

Alberte Payo Lara dixo...

A mín, os libros de misterio e intriga, son dos que máis me gustan, en especial este, que está ambientado en lugares costeiros da nosa terra, que son dos que pode presumir Galicia a nivel mundial. O único que non me gustou demasiado é que se fai un pouco pesado nalgunhas partes da historia pero polo resto, encantoume.