Pode que os libros de novela negra sexan os que máis me
enganchan, e sempre me propoño un reto que é descubrir quen é o asasino antes
de que o descubra o propio protagonista do libro, e neste fun quen de facelo o
cal me proporcionou unha gran satisfacción. Deixando de lado os meus pequenos
retos persoais foi un libro no que me gustou sobre todo o personaxe de Rafael
Estévez do cal me chamou a atención que a pesar de ser zaragozano falase aá perfección
o galego, mais non só iso creo que é unha personaxe imprescindible nesta novela
alguén que a pesar do seu forte carácter segue de maneira incondicional ao inspector
Caldas.
O inspector Caldas por outra banda aparenta unha persoa tranquila a quen
moi poucas cousas sobresalta e cunha fe admirable na súa intuición.
Gustáronme sobre todo os diálogos entre ambos os dous policías, nos que
destacaba o sarcasmo e constante burla por parte dos dous.
Sen comentarios
Publicar un comentario