ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

01/11/15

Madonna e outros contos de inverno

Comentario de Miguel González Taboada



Madonna e outros contos de inverno
Manuel Rivas
Xerais
O primeiro que pensei ao ler este libro foi que ían a ser contos frios e invernais, pero estaba moi equivocado. O libro encantoume porque trata sobre distintas historias tanto de misterio e drama como de amizade.
Outra das cousas que me sorprendeu deste libro foi a gran cantidade de sitios dos que fala dos cales uns poucos creo que os coñezo ou polo menos teñen un nome calcadiño nun contexto similar.
Encantáronme todas as historias pero hai unha que trata sobre a amizade con persoas un tanto especiais e deporte que me chamou a atención tanto no ben escrito e redactado que estaba como en como se ía desenvolvendo a historia dando un xiro dende un final pouco atraente ata outro que te ten atrapado na historia sen querer parar de ler.
Pero o que máis me sorprendeu do libro foi o pouco que tardei en lelo, porque coa cantidade de boas historias que ten é relativamente curto, apenas tardei hora e cuarto.
En resumo, é un libro máis que recomendado e que a miña forma de ver vaille gustar á gran maioría de lectores.

1 comentario:

Daniel Gavieiro Suco dixo...

Este libro resultoume un pouco difícil de comprender, xa que conta historias moi distintas unhas de outras e iso confundiume moito; polo contrario a linguaxe que usa é sinxela, o que me facilitou moito as cousas. Á marxe diso, houbo unha historia que chamou moito a miña atención, que foi "O carteiro de Papá Noel" porque é de esas historias de acción que me gustan ler a min. Foi a historia que máis me gustou pola súa intriga e emoción. Despois houbo outras historias que eran máis complexas e complicadas de entender, os cales precisas poñer máis atención para comprender o que che queren transmitir. Aínda que me resultara un libro moi enrevesado, do que si que me dei conta foi de que todas as historias teñen un mesmo ambiente que é o Nadal e o inverno.