Este
libro gustoume a pesar de que emprega un vocabulario moi complexo, polo cal
tiven que reler algunhas das historias. Parecéronme contos moi distintos,
algúns tristeiros, outros un pouco máis divertidos, mais tiñan en común un
ambiente lúgubre ben dado por estar en Nadal, ou pola situación na que se
desenvolvía o conto, ademais, todas as historias están relacionadas dun xeito
ou outro coa emigración.
O namorado de María:
Foi a historia que máis me enganchou ao comezo, pero,
na que peor entendín o desenlace, non foi ata lelo tres veces cando me dei
conta do que en realidade ocorrera.
Okay:
A pesar de estaren os sucesos un pouco enleados
neste conto, foi un dos que mellor entendín e sen dúbida é a historia máis
cómica do libro, en parte pola repetición da palabra okay e, en parte, porque o protagonista excúlpase
de todos os feitos e admite a culpa pero bótalla ao outro .
Madonna:
Foi o conto que máis me gustou, pola verdade das
palabras da rapaza. Encantoume a
historia de Dosinda e Mora. Ademais aprendín con este conto, porque, non sabía
que se tiña que separar o becerro da nai nada máis nacer xa se non esta non dá
leite.
O amor das
sombras:
Creo
que esta é a historia da bondade e o amor de Nadal. O amor por parte do vello e
Lorena, un amor que non puido ser por culpa da emigración e a bondade por parte
da muller que o secou a el e o seu can
dándolle despois unha chaqueta.
O carteiro de Papá Noel:
Esta
foi a historia que menos me gustou, paréceme un conto aburrido no cal entendín
todo pero non me gustou. Aínda que si que me agradou a coincidencia entre o
que lle dixo a rapaza e o que estaba escrito na carta que lle entregaron.
O partido de Reis:
A verdade é que este conto chegoume ao corazón, foi
das historias máis tristes ao comezo e máis alegres ao final. Paréceme triste,
que moitas persoas non se dean conta das facultades coas que contan moitas
persoas que teñen o chamado síndrome de Down. E porén el tiña plena
confianza neles, ata o punto de que non cruzou a raia, ata que lle dixeron que
a pasara.
A barra de pan:
Esta historia foi un claro reflexo da pobreza que se
vivía na época do protagonista, unha pobreza que vivían unha familia numerosa e
na que todos tiñan que aportar o que podían. Mais hai pequenas formas de amor
como a da nai que non lle dixo nada ao fillo cando comeu o único alimento que
lle quedaba.
A chegada de Ingrid:
Foi
a historia na que máis se notou o factor da emigración e como por mor desta se
rompen familias e amizades, ademais é triste que unha rapaza só poida ver o seu
pai unha vez o ano.
1 comentario:
Relata contos relacionados coa inmigración e emigración, a evasión ao pasado e o amor apaixoado, e a reinsección na sociedade de persoas con enfermidades como Down, etc. A linguaxe é un pouco complicada e moitos contos non se entenden ben ou son contraditorios. Para min este libro non foi moi interesante nin entretenido.
Publicar un comentario