
Un home que xaceu aquí
Aníbal C. Malvar
Sotelo Blanco
Este
libro gustoume, aínda que non tivera moita acción como os libros que me gustan
a min, agás unha pelexa que hai ao final do libro.
Neste libro o protagonista,
que non é detective, séntese atraído pola investigación e comeza unha viaxe.
Esta viaxe é cómica e a vez tráxica dando así moita intriga ao libro.
A acción desenvólvese principalmente na cidade
de Santiago de Compostela, pero o autor non se dedica moito a ambientación, o
que si fai despois coa visita a outras cidades como Lisboa e Á Guarda. Por outro
lado a linguaxe é sinxela, o que me fixo entender toda a historia con
facilidade.
Foi a primeira vez que lin un libro de Aníbal
C. Malvar e a verdade e que foi un libro que non me decepcionou.
Sen comentarios
Publicar un comentario