ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

14/11/15

Baixo mínimos

Comentario de Ismael Silva Bardelás


Baixo mínimos
Diego Ameixeiras
Xerais



A trama deste libro gustoume moito, ainda que ten unha linguaxe moi complicada con moitas palabras que nunca oíra, tamén con moitos tacos, aínda así a historia pareceume moi entretida.

Horacio Dopico é un detective con moitos problemas persoais, bebe moito, fuma....Encárganlle a investigación do asasinato dun coñecido avogado, aínda que a policia está segura de que foi asasinado por un grupo guerrilleiro. O avogado estaba metido en tráfico de drogas e en outras estafas xunto coa súa muller. Durante a investigación o detective leva varias malleiras; pero ao final descobre a verdade.

Sen comentarios