ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

13/11/15

Atila


Comentario de Laura García Moldes



Atila
Inacio
Demo




Atila é unha historia ambientada na Guerra Civil onde coñecemos aspectos e experiencias persoais de Castelao,  o protagonista.
A historia trata dunha entrevista a Castelao onde a periodista descobre o lado persoal do artista coma a época na que sentía vergoña por ser político ou a perda do seu único fillo. Pero mentres viaxaban no tranvía oíuse a alarma por bombardeo e tiveron que acudir a un refuxio, no que Castelao axudou a entrar a un grupo de cegos demostrando a súa humanidade.
A medida que avanza a historia, podemos ver a situación tan tráxica que se vivía en España nesa época, poñendo cintas de papel nos cristais das tendas para que non rebenten os cristais coas bombas ou tendo que estar pendentes de escapar a algún refuxio en calquera momento.
No refuxio, despois de espertar Castelao dun pesadelo, seguen coa entrevista e conta que veu dunha familia humilde e como foi volver ver seu pai despois de moitos anos, quen lle sorprendeu polo seu aspecto. Nesta parte móstranos a parte negativa da emigración, onde non todos conseguían o éxito buscado.
O libro ten un desenlace tráxico onde contan o final de Castelao e o que estaba a facer.

É un libro fácil e rápido de ler onde a linguaxe se adapta aos diferentes personaxes procedentes de distintos lugares.

 

Sen comentarios