ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

13/11/15

Unha puta percorre Europa

Comentario de Carla González Silva


Unha puta percorre Europa
Alberto Lema
Galaxia
 
 
Unha puta percorre europa foi un dos libros que me chamou moito a atención e tíveno que coller para saber ben o que se ía relatar.

Cando collín o libro e ollei o título imaxineime que ía tratar sobre unha muller que exercía a prostitución percorrendo Europa, pero para a miña sopresa neste libro de Alberto Lema as mulleres prostituas preséntanse coma obxectos sexuais de todos os homes e iso non me gustou nada.

Nesta ocasión as protagonistas son dúas mozas que exercen a profesión pero nunca lles ofrecen aos seus clientes os servizos senón que sempre rematan coas súas vidas e iso foi algo que non me esperaba atopar nesta historia.
Pareceume un libro moi realista xa que na sociedade na que vivimos os homes que pagan por un servizo pensan que teñen dereito a facer o que queiran coas mulleres e iso non é así.

Foi un libro moi entretido, e moi sinxelo de ler que ao mesmo tempo presenta as prostitutas dende outro punto de vista.
 

Sen comentarios