Comentarios de Nerea Álvarez
Unha soidade demasiado ruidosa
Bohumil Hrabal
Rinoceronte
Unha soidade demasiado ruidosa
Bohumil Hrabal
Rinoceronte
Este é un dos libros que máis me gustaron, sen dúbida
ningunha. Trata sobre un home que se chama Hant’a, que durante máis de trinta e
cinco anos traballa fabricando balas a partir de triturar papel. O que máis me
gustou desta home é forma na que adoza o
seu traballo. Como ben di: ” A miña misa, o
meu ritual consiste non só en ler estes libros, senón en meter algún en cada
paquete que preparo, e é que teño a necesidade de embelecer cada paquete, de
darlle a miña firma. "
Encántame que aínda que se dedique a iso é tan doce e tan achegado á
xente. Hant’a é un home sabio a quen lle encanta ler. Eu, por un momento
sentinme identificada con el porque intenta saír adiante e gústalle ler igual
ca min. O que menos me gustou deste libro é que repite moitas cousas ó longo do
libro. Por exemplo en case todos os capítulos repite a que se dedica ou cando
di que é un home sabio e feliz; esas
cousas son as que menos me gustaron pero polo demais encantoume todo.
Sen comentarios
Publicar un comentario