Comentario de Julia Cacheda Couto
Seda
Alessandro Baricco
Seda
Alessandro Baricco
O libro 'Seda' de Alessandro Baricco é un caramelo doce que se degusta en poucas horas.
Neste relato o intrépido Hérve Jancour aventúrase ao Xapón na búsqueda de vermes de seda, e é alí onde coñece a unha muller completamente misteriosa, a muller que non tiña ollos orientáis.
O noso protagonista cada ano volvía a Xapón incluso nos dous últimos anos cando estaba a punto de estoupar a guerra, e só para volver vela. Arriscou completamente a vida por unha muller da que nunca obtivo unha simple verba.
Seda é unha narración máxica na que hai que ler entre liñas para atopar o seu significado, e na miña opinión Hérve acabou botando de menos cousas que nunca pasaron, absorberse completamente no desexo por unha muller fictícia a que só idealizaba.
Nesta historia a que máis me sorprendeu foi a súa muller, aceptou que alguén lle gañara a batalla polo corazón do seu marido, alguén da que nunca escoitara falar, pero aínda que non a vira nunca notaba a súa presenza e aceptouno; creo que eu nunca lograría facer iso.
Este libro é un libro que atrapa e ata o final non consegues descifrar o seu significado.
Sen comentarios
Publicar un comentario