ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

15/10/15

Madonna e outros contos de inverno

Comentario de Anxo Gil

 
Madonna e outros contos de inverno
Manuel Rivas
Xerais
  


O libro en xeral gustoume moito, posto que con estas historias de Nadal recordei os momentos da miña infancia nesa época, a cal sempre foi a parte do ano que máis me gustou, e coa cal aínda sinto unha sensación de nostalxia, da que aínda non podo identificar a súa procedencia.
Houbo historias que non me interesaron especialmente, como O carteiro de Papá Noel porque non a entendín moi ben, pois nun momento pensei que a nai da rapaza estaba casada cun policía, pero ao final da historia semella que ese policía fose unha especie de traficante.
Madonna foi unha historia que, se ben curta, provocoume unha especial tenrura, pois pareceume moi triste que a vaca non puidera coñecer á nai para que esta non dese leite, e que máis tarde a nai morrera e quedara colgada.
O amor das sombras gustoume porque me recordou aos tempos do Nadal, pero produciume moita carraxe o comportamento do home, pois cando el estaba fóra e a súa moza lle mandaba cartas, el ignorábaas, e moitos anos despois, estando só no Nadal, recorda que a quería e pretende volver namorala, polo que me encantou saber que ela o olvidara e fixera unha nova vida, aínda que me fai moita graza que quedara a cear cunha familia que non coñecía.

Sen comentarios