ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

15/10/15

Moonkid e Liberty

Comentario de Julia Cacheda Couto


Moonkid e Liberty
Paul Kropp
Galaxia


O libro 'Moonkid e Liberty' de Paul Kropp encantoume, é unha lectura rápida e levadeira dende o principio ata o final.
Esta narración conta as peculiares vidas de Ian e Libby nunha primera persoa, dous irmáns que viven co seu pai, e que hai cinco anos que non ven a súa nai.
Coa personaxe de Libby conseguín sentirme identificada. Ela levaba anos sendo o 'bicho raro' nas escolas nas que estaba, e este ano non podía ser así, non, este ano conseguiría ser popular, e logrouno, pero canto habería que pagar por certa popularidade?
Por outro lado Ian foi o punto de vista cómico da historia, o seu plantexamento das cousas, do que facían os terrestres e como o examinaba todo conquistoume, aínda que ao final resulta que el non era tan alien coma cría e todos nalgunha ocasión sacamos a nosa parte malvada.
Este libro fala sobre atoparse a si mesmo, o amor, as distintas vidas que unha persoa pode chegar a ter, o querer cambiar para satisfacer a xente do teu arredor, o acoso, e ensina que ás veces o que non é normal entre a xente non ten por que ser malo se non ao contrario.
Recomendoo totalmente.
 

Sen comentarios