Este libro de Manuel Rivas non é que me gustara
por completo, xa que na selección de contos houbo algunhas
historias que me gustaron máis que outras.
O meu
conto favorito é o titulado “A
barra de pan”. Esta narración trata sobre unha nai que manda o seu
fillo pola comida que lle dan coa cartilla de racionamento, concretamente unha
barra de pan. O que fai o rapaz no camiño de volta a casa é comer a barra de
pan en vez de levarlla a súa nai. Cando un espera que a nai castigue o neno, dállo por ben feito
porque ela comprende que sé é un rapaz que ten fame. Gústame moito este conto
porque mostra que nunha realidade moi dura e miserable pódese ser tenro e
amoroso como é a nai.
Outro conto que tamén me gustou moito foi “A
chegada de Ingrid” aínda que garda un fondo moi oscuro que vemos a
través dos ollos inocentes da nena. Ese fondo escuro é que a suposta amizade entre Ramón e Manolo esconde unha
historia de adulterio, xa que a muller de Manolo mantén unha relación con
Ramón, mentres o seu home está emigrado en Alemaña. Todo isto vaise descubrindo
polos comentarios da filla de Manolo que é a narradora da historia. A narración
ensínanos a dureza da emigración que separa as persoas e rompe os lazos
entre a xente. Por isto mesmo foi polo
que me gustou.
Entre os contos que menos me gustaron están o de
“Madonna” cuxa historia non me aportou nada, xa que a min polo
xeral adoitan gustarme as historias cun pouco máis de acción e é xusto o que
lle falta a este conto. Outro conto que tampouco foi do meu agrado foi o “O
namorado de María” aínda que a historia é bonita, a maneira de narrar o
conto fáiseme repetitiva e un pouco liosa.
“Madonna e outros contos de inverno” é un libro de
historias grises, de inverno, como xa di o título. Todas son narracións cun aire
tristeiro e a min persoalmente gústame ler para rir, ou alomenos, para non
chorar. Esta é a razón pola que non é un libro que estea entre os meus
favoritos.
Sen comentarios
Publicar un comentario