Comentario de Alba García
Ámote Leo A.
Rosa Aneiros
Xerais
A novela gustoume moito, creo que me resultou fácil a lectura pola maneira que te absorbe a historia; tamén me gustou a forma na que a protagonista describía os lugares onde se encontraba, xa que parecía que estiveras nese mesmo intre alí presente. A verdade, gustaríame ter unha aventura coma a de Leo; viaxar, coñecer nova xente, averiguar novas culturas...
Este libro recomendaríallo ler a todas as persoas que amen os retos, as experiencias límite e viaxar. Ademais esta historia ten un toque de misterio e como conta cunha segunda e terceira parte recomendaríavos lelas tamén, iso teño pensado facer eu. Así que anímovos a que o leades e espero que a historia vos atrape tanto como a min.

Sen comentarios
Publicar un comentario