Este libro, en verdade, non foi dos que causou en min curiosidade nin intriga debido a que eu decántome máis polas obras que teñen unha soa trama.
Pero tamén é certo que algunhas destas historias de Manuel Rivas son conmovedoras, unhas fan reflexionar, outras simplemente entreteñen pero todas teñen unha cousa en común, a época na que se desenvolven, o Nadal.
O conto que máis me gustou e me fixo abrir os ollos á vez foi "O partido de Reis", podería resumilo soamente nunha palabra e esa sería esperanza, esta sensación foi a que Feliz (Felix) provocou en min sobre todo no momento final do relato, no máis inquedante.
Outra historia que me agradaría destacar é "A barra de pan", a súa trama conquistoume a pesar de que sexa algo simple. Síntome algo identificada porque se eu me vise na pel do rapaz faría o mesmo que el fai.
E finalmente "O namorado de María" pareceume un tanto estraña quizais porque o final custoume un pouco máis lelo xa que para min ocorre algo inimaxinable que non me acaba de concordar moito no relato.
Sen comentarios
Publicar un comentario