É un libro que me gustou moito porque reflexa as
inquedanzas de dúas rapazas despois de ser violadas, e de como lles afectou
todo isto ás súas vidas.
Sofía e Lupe despois dunha marabillosa festa de disfraces
non atopan vehículo para volver a casa. Mentres buscaban una solución, detívose o coche duns universitarios, e sen
poder predicir o que ía ocorrer, subíronse
nel.
Despois do sucedido decidiron denunciar.
A partir deste intre as mozas tiveron que afacerse
a nova vida que ían ter.
Esta situación ten que ser moi difícil para
dúas rapazas novas na sociedade que vivimos hoxe en día.
Xa tiña que ser bastante difícil denunciar pola vergoña
que isto lles supoñía; para que uns días despois saíse na prensa concretando
todo o sucedido.
Non todos os compañeiros do seu instituto foran sensibles
con elas; entre os cales atopábase Mauricio que intentoulles facer a vida
imposible: insultándoas, facendo pintadas no instituto…
O personaxe de Mauricio foi o que menos me agradou xa que puiden observar
que tiña uns prexuízos equívocos de Sofía e Lupe, por outra banda un personaxe
contrario a Mauricio é Jéssica, que
axudounas dende o primeiro momento.
Esta historia está enlazada co Mito de Medusa que trata
dunha fermosa rapaza a cal é violada polo deus Neptuno no templo de Minerva. Minerva decide castigar a profanación do seu templo;
convertendo os cabelos de Medusa en serpes para asegurarse de que ningún home
se volvese namorar dela. A todo aquel que a mirara aos ollos convertiríao en
pedra.
Na miña opinión unha rapaza vítima dunha violación tería
que ser axudada e non xulgada pola sociedade.
Sen comentarios
Publicar un comentario