Esta lectura non me acabou de agradar. Son diferentes contos, en total oito, e de todos eles tan só dous me gustaron realmente. Non é unha lectura levadeira para min, porque os contos son moi breves e entre eles hai unha diferenza enorme dos temas que se tratan.
Creo que hai veces que non se explica ben o narrador, e perdes por un intre o fío da lectura e fai moito máis dificultoso seguir a historia. A pesar diso, penso que en todos os relatos os personaxes están moi ben presentados e caracterizados en todo momento.
Penso que a linguaxe que utiliza non é complicada de entender pero tampouco sinxela, polo que, a pesar de que non me gustasen moito os contos, isto aínda lle poñía algo de entusiasmo á lectura.
É un libro que hai que ler despacio para comprender ben o que di. Eu, ás veces, tiña que parar e volver a ler algún fragmento da páxina para ubicarme, porque de vez en cando perdíame na lectura.

Sen comentarios
Publicar un comentario