Morning Star foi un libro que me encantou ler e sen dúbida se converteu nun dos meus favoritos.Trata sobre un neno chamado Lourenzo que dende ben pequeno xa se ve obrigado a madurar debido á situación familiar. Seu pai, tamén chamado Lourenzo, é un taberneiro borracho con mala reputación e súa nai unha pobre muller que se ve obrigada a ter que aturar ao marido. Cando súa nai falece, Lourenzo vese obrigado a seguir o camiño de seu pai (xa que non ten outra saída) aínda que non é do seu agrado xa que descobre que seu pai forma parte dunha gavela de ladróns malencarados en busca de riquezas.
Lourenzo pasa a formar parte desa gavela colaborando nos roubos ata que nun roubo o amor lle pode e decide fuxir coa persoa da que un día se namorou, Helena. Pero o camiño da felicidade ponlles moitos atrancos aos dous rapaces dos que case non saen vivos e ao final por seguridade os seus camiños sepáranse. Dun momento a outro, logo do roubo do que fuxiu por rescatar a Helena, Lourenzo pasa a ser a persoa máis buscada dos arredores polos seus excompañeiros de gavela tendo como único obxectivo matalo.
Floco de Millo: ela é booktuber
Hai 8 anos
Sen comentarios
Publicar un comentario