A min este libro pareceume un tanto aburrido, xa que non é do tipo de libros que a min me gusta ler, e ademais o feito de que teña diversas historias sobre temas variados desconcértame un pouco. Pero á marxe diso, o conto que máis me gustou foi "A barra de pan", xa que transmite moi ben o que acontece e o final paréceme moi bonito, e tamén é do tipo de contos que lía eu de pequena na escola.
A súa linguaxe é sinxela e resultoume moi fácil de ler, á parte de ser un libro curto, pero recoñezo que algúns contos eran complexos e precisas lelos atentamente para percatarte do que che queren transmitir.
1 comentario:
Manuel Rivas en "Madonna e outros contos de inverno" escribiu oito historias moi diferentes, todas basadas no inverno, na época de Nadal.
É un libro moi doado de ler, pero que non me chamou moito a atención. Sí, transmiten unha ensinanza moi boa, e son curtos con fundamento, pero hai algo deste libro que non me enganchou.
A historia que máis me puido chamar a atención foi "A barra de pan", xa que reflexa moi ben a fame que nun pasado se tiña, e que a día de hoxe aínda non está superada de todo. Fainos ver a sorte que temos algúns con só ter para comer, e que con iso non nos conformamos, que queremos cada vez máis.
Publicar un comentario