Este
foi o primeiro libro que lin de Manuel Rivas e debo dicir que non me chamou
particularmente a atención, xa que eu prefiro unha historia en lugar de varios
relatos.
Este
libro está formado por relatos de temas
moi variados, pero que teñen un tema en común, o Nadal e o ambiente invernal.
A
historia que mellor comprendín e máis me gustou foi “O partido de Reis”, unha
historia na que o protagonista ten síndrome de Down e por este motivo os seus
compañeiros o marxinan, o que me encheu de tristeza. Down, como o chamaban os
seus compañeiros, é un rapaz cuxa paixón é o fútbol e a pesares de que os
amigos non o deixasen xogar nos partidos do recreo el nunca perdía a esperanza.
Mais o día de Reis tiñan un partido moi importante e faltáballes un xogador,
cando de súpeto, apareceu Down moi ilusionado co seu balón novo disposto a
xogar e a axudar aos seus compañeiros. Entón Down xogou e nese partido tan
importante marcou o gol da vitoria, demostrando así que aínda que sufrise unha
enfermidade, non era inferior a ninguén.
Isto
débenos facer reflexionar e facernos ver que non debemos críticar a
ninguén por ter algunha deficiencia,
porque son iguais ca nós, incluso poden destacar en aspectos nos que nós non
destacamos.
Os
relatos que menos me gustaron foron “O namorado de María” e “A chegada de
Ingrid”. Estas dúas historias resultáronme aburridas, quizais porque non fun
quen de ver o que o autor nos quería transmitir.
Sen comentarios
Publicar un comentario